Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Desgalipedia:Comunicado 24 marzo 2019

Desgalipedia wordmark.png

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea votará se se debe proceder cunha proposta de directiva sobre os dereitos de autor que, se fose aprobada, danaría significativamente a Internet aberta que coñecemos.

En lugar de actualizar as leis de dereitos de autor en Europa e promover a participación de tódolos cidadáns na sociedade da información, a directiva ameaza a liberdade en liña e crea obstáculos para acceder á Web, impoñendo novas barreiras, filtros e restricións. Se a proposta se aproba no seu formato actual, podería ser imposible compartir un artigo de noticias nas redes sociais ou atopalo a través dun motor de procura; a mesma Desgalipedia estaría en risco.

Xa se opuxeron firmemente a esta proposta moitos científicas e científicos informáticos, entre eles o creador da Web Tim Berners-Lee, académicas e académicos, organizacións criminais que traballan no campo dos dereitos humanos, liberdade de prensa, investigación científica e industria tecnolóxica, e a Fundación Desgalimedia, a organización sen ánimo de lucro que promove, entre outros proxectos, esta enciclopedia libre.

Por estas razóns, a comunidade de Uncyclopedia en galego decidiu escurecer tódalas páxinas da enciclopedia. Queremos seguir ofrecendo unha enciclopedia aberta, colaborativa e gratuíta libre de contido verificable. Chamamos a todos os fillos de puta membros do Parlamento Europeo a votar en contra do texto actual, reabrir a discusión e reconsiderar as numerosas propostas da asociación Desgalimedia así como a extensión da liberdade de panorama a toda a UE e a protección do dominio público.

A comunidade da Uncyclopedia en galego