Desgalipedia:Babel
Quizais quixo dicir: Babel Fish
— Google sobre Babel
A Babel é unha tradición entre as wikis e é moi útil para que aparque tradutores para certos artigos. Ler máis na Babel da Wikipedia ou da Uncyclopedia.
¿Que é esta tal de Babel?Editar
A Babel é unha torre descrita por Biblia, que trata de explicar o porqué de tantas linguas no mundo - a humanidade tentaría construír unha torre ata o ceo para NUNCA MÁIS ter problemas coa inundación, pero como Deus é "bondadoso", el creou millóns de linguas para o proxecto non dese correcto, pois ninguén se entendería. Unha proba de como Deus é bonzinho e debemos adoralo incondicionalmente... MWAHAHAHAHAHA!!!
Pero o que esta merda ten que ver coa sagrada Desgalipedia??Editar
Na Wikipedia sugiu un proxecto de crear identificacións para os usuarios de acordo coas linguas que falan e así poderiamos facilitar o plaxio a interacción entre os proxectos wiki en diversas linguaxes. O proxecto xera listas de usuarios que falan certa lingua e separa en categorías, como se explica máis abaixo - vexa, por exemplo, a.
Como axudar?Editar
Non todos os usuarios e colaboradores desta Desgalipedia falan e/ou escriben na mesma lingua. Para axudar a comunicarse, por favor clasifíquese a si mesmo segundo o coñecemento que teña das distintas linguas, engadindo a súa páxina de usuario ás categorías correspondentes. Por exemplo, para a lingua galega: gl, para o inglés en, de para ao alemán, pt para o portugués, es para o castelán e así sucesivamente. Como información adicional, os colaboradores poden especificar o nivel de coñecemento da lingua:
- 1 significa coñecemento básico: a habilidade de entender e respostar cuestións sinxelas nunha lingua.
- 2 significa coñecemento intermedio.
- 3 significa coñecemento avanzado: a habilidade de corrixir ortografía e erros gramaticais nunha lingua.
- 4 significa coñecemento a nivel de lingua materna, pero sen ser a primeira lingua de uso ou a súa lingua familiar.
- A ausencia de código numérico indica que se trata da lingua materna do usuario.
Así, de-1 identifica a un colaborador cun coñecemento básico de alemán e gl-3 identifica a un usuario cun nivel avanzado de galego. As dúas letras do código da lingua son os mesmos códigos que os descritos en ISO 639. (Véxase a lista completa de linguas coa súa propia Desgalipedia.)
Como engadir o seu nivel de coñecemento dunha lingua á súa páxina de usuarioEditar
Información Babel do usuario | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Procurar usuarios por lingua |
Información Babel do usuario | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Procurar usuarios por lingua |
Segundo o número de linguas que coñeza debe usar o modelo de marcador chamado Babel seguido do número de linguas que coñeza e os seus códigos correspondentes:
- Comézase escribindo {{Babel- (onde o signo "-" debe substituírse por un número).
- Despois engada o número de linguas que queira asignar ao seu modelo para visualizar, seguido do signo | (ata agora o sistema que deseñamos admite como máximo dez linguas pero se vostede coñece máis poden crearse novos marcadores para incluílas).
- ex. {{Babel-3| para tres linguas
- A continuación hai que escribir os códigos das linguas que vostede fala, separados por |, onde xx é o código da Wikipedia para a lingua:
- xx-1 para nivel básico
- xx-2 para nivel intermedio
- xx-3 para nivel avanzado
- xx-4 para nivel de case lingua materna
- xx lembre se se trata da súa lingua materna ou ten un coñecemento comparable non necesita engadir ningún número.
- Remate pechando as chaves: }}
Dese xeito, por exemplo, {{Babel-2|gl|de-1}} indica un galegofalante con coñecementos básicos de alemán. {{Babel-4|gl|en-3|fr-2|es-1}} indica galegofalante cun nivel de inglés avanzado, nivel intermedio de francés, e coñecemento básico de castelán.
Vostede tamén pode engadir outros modelos de linguas seguindo o formato {{User xx-1}}.
Vostede tamén pode clasificarse como galegofalante mediante {{User gl}}, que inclúe automaticamente a páxina na categoría Usuario gl-N.
Categorías e modelos de marcadorEditar
- O artigo principal desta categoría é: Desgalipedia:Babel/Lista
Exemplos das categorías e modelos necesarios. É importante seguir a orde de creación:
- Crear a categoría principal.
- Crear as subcategorías.
- Crear os modelos.