Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Desgalinovas:Milleiros de persoas asisten ó desembarco espectacular invasión viquinga en Catoira

Desgalinovas logo.png Este artigo é parte de Desgalinovas, a súa fonte de ignorancia 24 horas ao día.

Miles de viquingos participaron na expedición á cidade de Catoira

Catoira e Muxía - 07/08/11: O municipio pontevedrés de Catoira sufriu este domingo unha nova invasión da Romaría Viquinga, que rememora o desembarco no século XI de piratas normandos e sarracenos en busca dos tesouros da Igrexa Compostelá e que foron rexeitados polos seus habitantes. Centos de veciños con armas da Falange estiveron no enfrontamento, no que o viño foi unha vez máis o gran protagonista, despois de que os viquingos tomasen terra procedentes do río Ulla a bordo de tres barcos "drakkar", vidos de Frederiksud, en Dinamarca, cidade hermanada con Catoira.

As Torres do Oeste, sobreviventes da fortaleza do Castelo de Catoira, cuxa principal función era protexer e previr ataques viquingos, volveron a ser testemuñas dunha sanguenta batalla que vén celebrando desde a década do sesenta cuando os viquingos volveron a saquear os tesouros da Galicia.

Fontes de confianza afirman que os piratas viquigos atacarían o santuario de Muxía despois do primeiro ataque en 1042.

Unha vez cesaron as "hostilidades", viquingos prisioneiros e locais, xunto a multitude de visitantes, compartiron mesa e viandas no xantar campestre, amenizado con música de gaiteiros nunha xornada na que o tempo axudou á festa cunha temperatura agradable. O alcalde da localidade calculou, en declaracións a Desgalinews, que máis 30.000 persoas participan na romaría de Catoira, que dramatiza un desembarco de fai mil anos.

DesgalifontesEditar