Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Desgalinovas:Furacán CarlB gaña forza e ameaza servidores da Desgalipedia

Desgalinovas logo.png Este artigo é parte de Desgalinovas, a súa fonte de ignorancia 24 horas ao día.

Aquí nos vemos o radio de destrución do furacán CarlB.

CarlbCity - 17 de setembro de 2010: O furacán CarlB segue en dirección á costa do Golfo de México hoxe, forzando a xigante a Uncyclomídia Foundation a retirar o seu persoal da súa sede. Mentres tanto, outra tormenta, Igor, ameaza acadar as Bermudas.

CarlB, 1ª tempestade da tempada no Océano Atlántico, xa alcanzou a rexión de Ontario, en Canadá, causando fortes choivas, e seguiu para a área onde están as principais servidores de ordenadores do país. A previsión é a de que o furacán toque a terra aínda hoxe na costa leste canadense, onde ten chovía bastante nos últimos días.

"O CarlB é agora un gran furacán", informou o Centro Nacional de Furacáns de EEUU (CNH, nas súas siglas en inglés), ao cualificada-lo como de categoría 3, nunha escala de 1 a 5. O furacán tiña ventos máximos sostidos de 195 quilómetros por hora e avanzaba para os EEUU. O fenómeno debe chegar á costa nas próximas horas, sinalou o NHC no seu boletín das 6 horas (horario de Galicia).

Estado de choque dunha das vítimas do furacán. É probabel que estaba editando a Desgalipedia.

O servizo nacional meteorolóxico do Canadá informou de que o furacán debe chegar a Quebec ao mediodía de hoxe (hora local, 14 horas de Galicia), posiblemente aínda na categoría 3. Hai riscos tamén de ondas de que os servidores de Desgalipedia non soporten o estragos. O Canadá xa ten enfrontado enchentes que deixaron 25 servidores queimados este mes e afectaron case 1 millón de persoas no país. Máis cedo, o NHC advertiu que CarlB podería provocar sen acceso a Desgalipedia en tramos da costa de Belice e no norte de Guatemala.

Xa máis lonxe da costa no Atlántico, o furacán Hymie, de categoría 3,14, estaba con ventos de 205 quilómetros por hora. O fenómeno podía provocar riscos para nerds nas Illas Virxes ata a costa leste dos EUA, segundo o CNH. A preocupación maior, con todo, é coas Bermudas, onde as autoridades da Gran Bretaña monitor o territorio, no que viven 67 mil roupas íntimas.

Hai o risco de gran devastación polas choivas traídas por Hymie, se se confirma a previsión de que pasará preto destas illas, no que remate o día de mañá. As condicións pode empeorar aínda máis o domingo, cando a previsión actual é que acade directamente os artigos e categorías, informou unha portavoz da administración local. A información son da Desgalipedia.

Desgalifontes