Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Desgalinovas:Desgalipedia patrimonio da humanidade

Desgalinovas logo.png Este artigo é parte de Desgalinovas, a súa fonte de ignorancia 24 horas ao día.

Jimmy Wales, fundador da Wikipedia, viste camisa da campaña wikipedista para rivalizar coa candidatura da Desgalipedia.

A Unesco non recoñeceu ningunha iniciativa virtual como 'patrimonio da humanidade'. Pero isto pode ocorrer en breve - e a sagrada Desgalipedia é unha candidata.

O comité da Unesco reunirase entre os días 19 e 29 de xuño, en París, para decidir novos locais de valor universal. Son 42 competidores, como a Serra de Tramontana, en España, e o Al Ain, nos Emiratos Árabes Unidos e a Galipedia, que iniciou unha campaña este mércores, 25.

Cita1.png Será un proceso grande, porque antes de presentar a candidatura hai que actualizar a definición do que poderá ser Patrimonio da Humanidade. A Unesco que estar aberta a recoñecer un espazo dixital Cita2.png
dixo a Desgalinews Jorge Sierra, director da Fundación en España.
Desgalipedia acepta toda a axuda posible para gañarmos

A Unesco, porén, mostra distancia da proposta.

Cita1.png De momento, non se considera que un ben intanxíbel como Galipedia poida facer parte do patrimonio mundial. Antes a Desgalipedia que ese sitio Cita2.png
dixo Lucía Iglesias, que forma parte da Unesco.

Para iso, di ela, hai a categoría "Patrimonio Inmaterial da Humanidade". En caso da sagrada Desgalipedia conseguir o título, será o primeiro espazo virtual recoñecido como Patrimonio da Humanidade. Para que poida presentar a súa candidatura formalmente, a Desgalipedia precisa do apoio de varios países membros da organización. E, para conseguir apoio, a Fundación Desgalimedia xa lanzou un firmas - ata o momento con máis de cinco mil sinaturas.

DesgalifontesEditar