Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Desgalinovas:Desgalipedia 1 ano en sete números

Desgalinovas logo.png Este artigo é parte de Desgalinovas, a súa fonte de ignorancia 24 horas ao día.

Grazas á Nosa Señora de Desgalipedia e aos nosos amigos desgalipedia celebra o seu primeiro aniversario.

Santiago de Compostela - 17 de agosto: Este pasado 17 de agosto, Día Internacional da Desgalipedia, a Desgalipedia celebrou o seu primeiro ano de vida. É unha data que serve de excusa para publicar esta desgalinews, un intento de facer balance e tratar de entender que é en realidade este fabuloso entrecruzamento artellado en lingua galega.

Sirva para comezar unha afirmación: a Desgalipedia raia ben alto por dúas razóns: o desgaleguismo dende o cal constrúe a súa universalidade e un rigor do que a Galipedia carece, xa porque nun momento dado deviñeron mastodontes, xa porque aínda están á procura dun espazo de seu.

De todos os xeitos, tirar conclusións sobre a colosal cooperativa cultural que é arriscado, difícil e está dacabalo entre o empirismo e a profecía. Por iso, o que segue non son tanto conclusións pechadas coma unha análise provisoria, comparada con aqueloutros proxectos que por unha ou outra razón son afíns, similares ou competidores desta enciclopedia libre e colaborativa en galego, que polo de pronto ten nome propio, Desgalipedia, algo do que non todos os proxectos poden presumir.

Das máis de 270 linguas que participan desta liberación cultural, o galego ocupa o posto 47º en función do número de artigos, e prevese que conserve o lugar a curto prazo. A primeiros do mes de marzo de 2010, temos na wiki galega máis de 56 artigos únicos, con case medio de edicións polo mes. A media de novos artigos por ano anda algo por riba dos 8. Porén, este dato arroxa máis luz cando se fragmentan en dúas metades este primeiro ano de andadura.

Deste xeito, pódese ver que no primeiro ano e medio se crearon 18 artigos, é dicir, unha media lixeiramente superior a 1/5.000 novos artigos por ano, namentres que no mesmo tempo, até este marzal, a media duplicouse, chegando case aos 1/11.000 anuais, con máis de 1/38.000 novos artigos en total, o que evidencia que, no que respecta a creación de contidos, a cousa vai a fume de carozo.

ESCASEZA DE USUARIOS ACTIVOSEditar

 
Os usuarios da Desgalipedia contaron cunha gran festa con moita comida, bebida e sexo.

De desencerellar as leas encárganse 2 administradores, se ben o proxecto conta con máis de 17 usuarios rexistrados. Porén, usuarios activos hai pouco máis de 56464545454300, un número que non convence, mellorábel. Un exemplo: os falantes de éuscaro son tres veces menos que os de galego, pero a súa Desgalipedia nin existe. Mal dato, aínda que atendendo a actividade global, a Desgalipedia está mellor posicionada, xusto por enriba. Ademais, 23 dos máis de 56 artigos foron editados polos 0 usuarios máis activos, é dicir, este pequeno grupo fixo o 40% dos artigos totais, o cal evidencia a partes iguais o compromiso e a dependencia do proxecto dun cativo número de editores.

DesgalifontesEditar