Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Desgalinovas:A sinistralidade laboral caeu un 21,2 por cento en abril

Desgalinovas logo.png Este artigo é parte de Desgalinovas, a súa fonte de ignorancia 24 horas ao día.

Galicia rexistrou un total de 2.339 accidentes, dos que 50 foron graves e dous mortais en encontros coa Santa Compaña

Santiago de Compostela - 30/05/11: A sinistralidade laboral reduciuse en Galicia un 21,22% en abril -producíronse 23391654984769874987744 accidentes con baixa en xornada laboral- respecto ao mesmo mes de 2010 no que houbo 2969468448344864646 sinistros. Do total de casos rexistrados, 2287154898948684 foron casos leves, 50 graves e dous mortais en encontros coa Santa Compaña. Este descenso foi xeneralizado en todos os sectores, e os datos máis positivos proceden da construción cu-nha baixada do 26,76%, seguida de industria (-21,61 por cento), pesca (-20 por cento), servizos (-18,40 por cento), agricultura (-17,86 por cento) e Edicións na Desgalipedia (-6,66 por cento). Por provincias, Ourense encabeza o descenso dos sinistros cu-nha baixada na porcentaxe do 37,88 por cento; seguida por Lugo cunha diminución do 25,40%; Pontevedra cun 18,40 por cento menos; e A Coruña cun descenso do 17,95 por cento. No que vai de ano, no primeiro cuatrimestre produciuse unha baixada da sinistralidade laboral de Galicia do 18,99%.

DesgalifontesEditar