Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Danza do abellón

lápida galaicorromana onde s epode ver o viaxe da alma ao Mais Alá, o Alén.

O Avellón é un ritual de purificación dos mortos pra que poidan viaxar ao Alén sen perderse polo camiño.

Maxia funerariaEditar

Os antigos galegos crían que a alma dunah persoa puidese chegar ao Ceo non só chegaba con que fose un bo católico, había que protexer a alma contra perigos terrenais(soterrar o corpo en campo sacralizado) e ultraterrenais(alumearlle o camiño cara o Alén) pra que non voltase ao mundo dos vivos a molestalos.

O ritual, denominado "o Abellón" implicaba a xuntanza de toda a familia("os da casa" e os de fora) e veciños e amigos na casa do defunto pola noite; na reunión achegábanse ao defunto pra facerlle a pelota e lamberlle o cú(non fora ser que despois se aparecera a algún dos presentes e lle fixera trasnadas), tras tirar uns cantos rosarios ó ar procedíase á celebración dun festín ritual e comunal, onde se comían sardiñas salgadas(símbolo do Alén castrexos que se atopa mais alá do mar) e se bebía augardente(símbolo das chamas do infernoque o morto debía rexeitar vendo o mal que lles causaba ós bebedores).Logo procedíase a unha orxía ritual entre os mozos e mozas cunha "batalla" onde se pelexaban a tumbos e bicos e como ela noite e só había luz das velas habñia moita escuridade e oportunidade de andar ás apalpadelas coas garotas.

Depois da orxía e unha vez liberada o "prana" ou enerxía sexual das masas, collíanse todos das mans e ían onde o defunto e alí na habitación onde o tiñan comezaba a danzar á roda en torno ó cadaleito fungando baixiño como fan os abellóns, pra que todos se concentren na emanación deste mantra e fluia o ki protector está penado coa morte a aquel que interrumpa ou rompa a roda. esta roda sónica e de movemento constitúe un círculo protector ou "chintámani chakrá" contra os malos espíritus que tentan turra da alma do defunto pra arrastrala ós infernos, ó interior dos castros onda os mouros ou á caixa de Hacienda(somo stodos). Así a alma do defunto pode saír do corpo que habitou e voltar á lúa en forma de abella ao escoitar o abellón e recuperar a memoria dos seus orixes(xa ques as almas provñen da lúa, e Von Däniken aproveitou esta crenza platónica pra súa tese dos ovnis devanceiros).

Hai evidencias entre os galaicos deste ritual no séc VI A. de C.(e que viviría co Imperio Romano e se amosa nas lápidas galaicorromanas de Vigo). Podía durar varios días si se realizaba a un cadáver procedente da clase mais podente. Estaba dirixido por un druida sem, en representación do Deus Reve, fillo de Lugh, e do fillo primoxénito do defunto.Ó mesmo tempo, o rito estaba acompañado de ceremonias de purificación, queima de incienso, unción de ungüentos na cara e diversas partes do corpo, sacrificios e outros actos que variaban en función da parte do corpo a abrir pra que saíse a alma e fose polo bo camiño.

A cerimonia podía alcanzar ata 75 "episodios" diferentes, na súa versión mais completa, incluindo os seguintes pasos:1

   Episodios 1-9. Ritos preliminais.
   Episodios 10-22. Animación do cotarro.
   Episodios 23-42. Ofrendas de carne procedentes das Rías Altas.
   Episodios 43-46. Ofrendas de carne procedentes das Rías Baixas.
   Episodios 47-71. Banquete funerario.
   Episodios 72-75. Rituais de clausura.

O Ciprianillo tamén contén un feitiizo pra este proceso, que o defunto pode usar en sí mismo:2

   Miña boca está aberta por Cosso,
   As ligazós da mi boca son soltadas polo deus do meu castro.
   Reve viu totalmente equipado de feitizos,
   Desata as ligazóns do Demo da miña boca.
   Lugh deume as miñas mans,
   Colócanse como guardiáns.
   Éme dada a miña boca,
   Miña boca é aberta por Cosso,
   Con ese cincel de metal
   Coa que abriu a boca dos deuses.
   Son Sejmet-Wadjet que habito no oeste do ceo,
   Son Sahit entre as almas de Om.