Desgalipedia:Administradores
![]() |
Isto é unha política oficial da sagrada Desgalipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta uncyclopedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Probablemente foron creadas polo ditador do sitio |
Na Desgalipedia calquera pode editar un artigo. Malia iso, hai algunhas accións e algúns labores de mantemento reservadas a unha clase especial de usuarios, coñecidos como administradores malignos.
Os administradores poden:
- Borrar páxinas e imaxes
- Ver e restaurar páxinas ou imaxes borradas
- Bloquear e desbloquear IP de usuarios anónimos
- Bloquear e desbloquear usuarios rexistrados
- Protexer ou bloquear unha páxina
- Editar páxinas protexidas ou bloquealas
- Reverter páxinas rapidamente
- Editar o espazo de nomes de MediaWiki
Por suposto, os administradores tan só poder facer uso das súas funcións seguindo as políticas e normas da Wikipedia.
A elección e revogación dos administradores segue o procedemento indicado en Desgalipedia:Elección de administradores
Administradores da Desgalipedia
O número total de usuarios que contan na actualidade con funcións de administrador é de 6. Esta é a lista completa actualizada. Pódese contactar con eles individualmente ou a través do Taboleiro dos administradores.
A lista seguinte actualízase manualmente:
Os administradores activos nos 6 últimos meses son: