Cultureta
![]() |
Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa! Este artigo ten un alto contido de humor galego. Se non é desta rexión sacra, é probable que non entenda algunhas cousas. |
Cultureta | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Culturetas saíndo dos laboratorios segredos do Louvre. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Homo culturetas |
Quizais quixo dicir: Gafapasta
— Google sobre Cultureta
Un cultureta é un ser humán creado en laboratorios segredos do Pentágono pra que o mundo sexa un lugar ainda mais violento e viril.
Seus orixesEditar
Fillo de pais pequenoburgueses que como non quere rematar como eles, afundido na mediocridade capitalista, tenta sublimar a súa vida mediante a súa exposición á Cultura, e a poder ser da cultura fisna, elegante, clásica, inmortal... e un pouco elitista tamén. Este especimén non soe darse en moitos lugares, pro exemplo dáse en moitas aldeas, algún que outro barrio de cidade, en tódalas vilas e en ningún centro comercial, soen ser de sexo masculino e nacen ao culturalismo aos 7 anos, outros chegan a este sector da enfermidade durante a adolescencia ao ver que as hormonas os desfiguran e só poderán chingar se as garotas ven que sabe latín e tódalas letras de Metallica ou Public Enemy.
Aínda que según os teóricos da conspiración, os culturetas son híbridos de humán con reptiliáns, e foron creados en laboratorios segredos baixo o Louvre para que Sarkozy e Berlusconi recreen outro Imperio Romano.
AspectoEditar
A súa vestimenta está condicionada por varios arquetipos:
- Trendy: pantalón escuro e americana de tea fina.
- Beats: ésta pro maiores de 30 anos vai wow!, pantalóns de pana, xersei de raias ou de colo alto negro, boina, lentes oscuros e testa afeitada ao Michael Nyman.
- Mod: pros adolescentes, guedellas, chaquetas pseudomilitares verdes, pantalón pitillo, opcional barba, patillas, bigote, etc
GostosEditar
- Ver tódolos sábados o programa "Miraxes" da TVG.
- Entrar na Galipedia e enchela de artigos acerca de Arte, Literatura, Música,Filosofía, Arqueoloxía, etc
- Estar ao tanto da programación cultural da súa cidade.
- Ir a tódolos festivais (Paredes de Coura, Playdoc, Cultura Quente, Reperkusión, Ortigueira, FAX, FIV...)
- Amar a DJ Amable.
- Ir a lugares onde outros só van ao vicio (Amsterdam, Tokio) onde só van mafiosos (Moscova, Nova Iorque).
- Visitar cada 2 días a FNAC, Casa do Libro, Biblioteca pública, Librouro, Livraria Torca, A Reixa.
- Saír de festa sempre por viños ou por locais especiais (A casa de Arriba en Vigo, café Torgal en Ourense, Jazz Fillo en A Coruña, Babel club en Lugo etc).
- Cada cidade que visitan convírtese nunha peregrinación polos seus museos, razón pola cal sempre están visitando París e Londres.
- Saben cada punto do dial onde se emite Radio 3 e os programas culturais da Radio Galega (sobre todo Diario Cultural da Radio galega).
- A súa maior ambición na vida é ser vixiante nun museo ou funcionario na Biblioteca pública.