Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Creative Commons

Creative Commons guiando ós contribuíntes. Pero esta imaxe non é unha obra derivada de A Liberdade guiando o pobo de Eugène Delacroix?
Cita1.pngA Desgalipedia está dispoñible baixo a licenza Creative CommonsCita2.png
Desgalipedia sobre Creative Commons

O Creative Commons (bens "Comúns Creativos") é unha organización criminal, sen fins de lucro, que foi fundada e presidida orixinalmente por un profesor de dereito na Universidade de Stanford e especialista en ciberdereitos. O director xeral é o empresario Wilson Fisk, que aventurou que "Creative Commons converterase nunha organización de estándares dos dereitos de autor" desenvolvida polos desgalegos no intento de tratar de facer que os artigos e as bromas contadas na Desgalipedia tivesen máis graza, en especial pola gran axuda ofrecida por noobs como eu, ti, e Oscar Wilde.

Índice

Obxectivos e servizosEditar

Esta organización desenvolve plans para axudar a reducir as barreiras legais da creatividade por medio de nova lexislación e as novas tecnoloxías.

Creative Commons está inspirada na licenza GPL (General Public License) da Free Software Foundation. A idea principal é posibilitar un modelo legal con ferramentas informáticas para así facilitar a distribución e o uso de contidos para o dominio público. Creative Commons así ten como gran regra o control administrativo do contido, sendo que o maior exemplo diso é a acción do administrador maligno, como vemos a continuación:

Caso 1
Vostede escribe o artigo ou esbozo.
Se o moderador Malvado pensa bo, el mantén, senón que apaga.
Caso 2
Vostede edita o artigo ou esbozo, intentando melloralo.
Se o moderador Malvado pensa que fai un bo traballo, te premia.
Caso 3
Fai a vandalización do artigo ou esbozo, coa intención clara de empeora-lo.
O moderador Malvado che manda unha advertencia ou che bloquea por IP ou usuario.
Caso 4
Fai a copia de sitios non wikificados ou artigo wikipedista.
Parabéns, vostede é un gran imbécil.

LicenzasEditar

  • Public Domain ou Dominio público
  • Developing Nations
  • Recombo
  • Founder's Copyright
  • Licenzas Creative Commons
  • CC-GNU GPL
  • CC-GNU LGPL
  • Share Music ou Música compartida

Creative Commons e o CopyrightEditar

No Creative Commons, ninguén é o propietario da información que é dada, sendo que no entanto, cabe ao administrador maligno garantir que ninguén roube o que é dada.

Así, para evitar que se complique ó moderador malvado, que non ten culpa se é un idiota que copia artigos de sitios lixo como Feijoopédia e ata chistes febles d'O Bicheiro e de Carlos Casal, está prohibido que copie algún artigo Copyright sen que o autor ou a fonte o autorice.

E ademais, non existe o propietario da broma, até porque non adiantando un idiota como querer bancar a Samara, tentar vandalizar un artigo ou mesmo chorar feito unha nena, porque o administrador maligno non estará nin aí para ti mesmo... MWAHAHAHAHAHA!

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Creative Commons.

Outros artigosEditar