Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Coventina

Coventina
Coventina.jpg
Coventina pasando o tempo cun guerreiro castrexo.
Título:
Nado: Na Idade do Ferro.
Lugar de nacemento: Padrenda, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Festividade:
Venerado en:
Atributos: Deusa das augas.
Patrón de:


Cita1.pngQuizais quixo dicir: PerséfoneCita2.png
Google sobre Coventina

Cita1.pngNabia, un río divinizadoCita2.png
André Pena Graña sobre Nabia antes de ser afogado por unha ninfa

Coventina, foi unha deusa dos castrexos galaicos, famosa polas orxías que organizaba no mes de Agosto na sexta feira nos ríos, lagosas, regatos, etc.

MitoEditar

Nacida despois de 3 meses de súa nai coñecer a un homen luxurioso na romería de Guitiriz. Debido á súa fogosidade e que sempre andaba quentando saias castrexas case a encasillan coma deusa castrexa do amor, pero como as orxías as montaba onde había auga (que sempre presta pra non empaparse en suor) os deuses Píndicos dispuxeron que compartira o control das augas con Navia, Bormánico e Edovio.

Grazas á súa satiriase crónica coñeceu moitos segredos de cama dos deuses, e fixo subir as súas accións na bolsa do Medulio; sobre todo tras mercar no último momento unhas cantas accións do deus Bormánico a prezo de risa. Tendo poder xa sobre uns cantos balnearios (Guitiriz, Santa cruz de Loyo decidiuse á slatar ó terreo internacional e foi acostarse cun oficial do Imperio Romano, que a levou consigo á fronteira entre Escocia e Inglaterra, e alí no muro do emperador Hadriano ergeulle un santuario cun lagoa sagrada e todo; mentres deixaba a varios amigos seus (Tutelae Fons) a administración dos seus vellos balnearios galaicos mentres ela ía de picos pardos pola Europa.