Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Mapa de Coruvigo antes de ser Covipor.

Coruvigo é a gran Megalópole galega, actualmente en expansión cara Galicia do Sur onde se sumará a Porto.

No argot ecoxeográfico recibe o nome de "Gran C invertido" (non confundir coa terminoloxía historicista do C invertido no mundo castrexo romano) ao igual que a Europa central occidental recibe o nome de Banana Azul. exténdese desde o Norte de Galicia por toda a franxa costeira atlántica (excepto a Costa da Morte xa que pasa á Galicia interior nesta sección) ata o Sur.

A curvatura deste corredor (de ahí o nome) abarca cidades como Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Lalín, Pontevedra, Vigo a conca do Miño e cobre a maior concentración de poboación galega que se deu na historia. O concepto foi desenrolado en 1984 por Ben-Cho-Shey e popularizado por Manuel Rivas (no seu libro Galicia bonsái atlántico) nos 90 e en 2007 na Inciclopedia por Anxova.

Índice

OrixeEditar

 
Coruvigo vista desde o espacio pola noite.

Ao principio existía o pai (A Coruña) e o fillo (Vigo) e despois veu o Espíritu Santo (os galegos de interior, especialmente ourensáns) co cal se creou unha trinomia divina de difícil concreción lingüística pol que tiveron que resucitar a Ricardo Carvalho Calero e restearon co fin de bautizar esta gran conurbación de cidades e despoboación de aldeas do interior, tras unha sesuda análise bautizouse esta gran concentración humana como "Coruvigo" e pra cando as áreas metropolitanas de Ferrol, A Coruña, Vigo e Porto se uniran deixou escrito o futuro nome: Covipor.

HistoriaEditar

PrehistoriaEditar

A finais do neolítico e coa chegada dos metais comeza un comercio polas ribeiras do Atlántico, o empresario Breogán ergueu un laboratorio de I+D en Acruña e seu fillo Mil foi o primeiro cosmonauta en chegar a Irlanda e civilizala, este toma converteuse nun daca e así se exportaban metais (estaño, chapeiro, ouro, putalita) escravos, tecnoloxía (achas de talón, torques) o que fixo que a poboación da costa tivese un maior nivel de vida e pra aumentar o excedente de ouro e escravos comezou a expandirse polo interior de Galicia dando lugar á civilización dos castrexos.

Do Imperio Romano aos días de hoxe!Editar

 
Os verquidos contaminantes tiveron efectos destrutores en Acruña.

O Imperio Romano conquistou este cu do mundo e pra roubarlle ós galaicos todo "modernizou" esta terra: trouxo o AVE pra poder levarse todo o ouro e escravos, autovías pra levarse os cartos dos emigrantes, encoros pra roubar a enerxía eléctrica e logo vendernos pescado de río a precio desorbitado, monocultivo de eucalipto pra facer pasta de papel e logo vendernos papel a prezo desorbitado, etc. Fixeron que os galaicos abandoasen os castros e se meteran a traballar pros romanos en villaes, na costa producindo sal e pescando.

Se ben durante séculos a poboación de Galicia estivo moi espallada pra poder vivir do que daba a terra, coa revolución industrial comeza a emigración cara países extranseiros pra logo consolidarse a partir de mediados do século XX un crecemento exponencial das vilas (Vigo, Ferrol) e cidades (A Coruña) galegas, que debido ó influxo maldito da Unión Europea e do Gran Capital fixo que a civilización labrega entrase en crise nesta rexión de Europa e comezase a suicidarse mentres seus fillos emiraban da aldea á cidade, aumentando o tamaño e importancia destas. Por outra banda, que Santiago de Compostela se convertise en capital da nación galega fixo que aumentase a poboación en torno a este niño clerical.

Pero como os galegos son o carallo aguantaban pouco iso de vivir tan xuntos uns de outros e comezaron a invadir a perfiferia das cidades:

As dúas grandes áreas metropolitanas foron papando toda a poboación galega e expandíndose unha cara a outra, de tal forma que a finais do século XXI o 90% da poboación galega vivía na costa e no interior só permanecían poboadas as vilas comarcais. A concentración de capital, administrativa, artística e cultural fixo que se urbanizase toda a Ghalisia occidental trala unión de tódalas conurbacións atlánticas de tal modo que a finais do século XXIII se unise á cidade portuguesa de Porto.

UrbanismoEditar

 
Vigo no século XXII ó coverntirse en Coruvigo.

Debido a que a costa atlántica foi colonizada por celtas o urbanismo sempre foi moi de realismo máxico e por iso todos os extranseiros pensaban que estábamos atrasados por culpa da Inquisición española asi que a OTAN interviu e comezou a suxerir de forma opresora pero sutil a nova realidade poboacional galega pros seus intereses capitalistas (Galicia como porto de entrada dun exérxito liberador da Europa invadida polo comunismo rusosoviético).

Conformación distritalEditar

 
Coruvigo fixo modernizar a capital da naçom.

Esta gran área metropolitana está formada por distritos (os antigos concellos e comarcas):

GobernoEditar

  • Goberno local: a adminsitración de Coruvigo está a dous niveis, un pros pobres e outro pros ricos, a autoridade está dividida entre o alcaldísimo e a Asemblea do Pobo Galego Ceibe, tendo a súa sede na praza María Pita sendo seu actual alcalde Xiah Pakabel. A policía está baixo o mando do alcalde e recibe o nome de Policía Peixeira dependente da Autoridade da Policia Merdeira, os portos das cidades teñen a súa propia policia, a policía Escabicheira, que tamén vixía as costas. Pola súa parte a Policía Escabicheira é a responsable da seguridade no ferrocarril, vitrasa e metro da cidade. A garda civil segue apatrullando o rural.
  • Goberno nacional: Coruvigo é a sede do goberno nacional da Galiza, ubicada arredor do Pico Sacro aínda que moitas das dependencias da Asemblea do Pobo galego ceibe se atopan en Compostela, como Monte Pío e residencia do presidente (o actual Antón Buroswski Peng).

XeografíaEditar

Coruvigo atópase nas coordenadas N 6´66´´ S 6´6´´, limita polo Norte co Mar Cantábrico, ao este coa Galicia profunda, ao Oeste co Alén céltico e ao Sur con Porto (próxima cidade en ser engulida MWAHAHAHAHAHA!!!).

ÁmbitoEditar

Coruvigo é a subdivisión administrativa mais grande da Galiza e aínda que no pasado Acruña, Ferrol e Vigo engoblaban ás grandes urbes as corporacións municipais de Acruña, Vigo, Compostela e Pontevedra foron as mais reacias a amalgarse coas cidades rivais e seus suburbios, o que fixo que aínda no século XXI se falase de Vigo, Acruña, ferrol e Pontevedra como cidades-illa e mesmo seguise existindo a denominación provincia de Pontevedra cando en realidade era Vigo quen domimaba (pese aos localismos de Pontevedra, Redondela e Porriño) asi que as expansións de cada área metropolitana foi impedida por senllos cinturóns verdes metropolitáns (áreas da Costa da Morte, Salnés, Morrazo, Oia).

TopografíaEditar

 
Coruvigo sobre as Rías Galegas.

Esta rexión de Galicia é a mais nova xeolóxicamene falando, surxida do fondo do mar colisionou coa Galicia oriental surxindo a Dorsal galega (Serra do Suído, Montes do Testeiro, Serra do Faro, Serra da Cova da Serpe, serra do Xistral) que delimita a Galicia atlántica da Galicia do interior, Coruvigo atópase no sector Oeste aproveitando que a maioría da costa galega son cantís e así non nos veñen invadir por mar. Nembargantes a Depresión Meridiana fai que as Rías Baixas se afundan cada ano mais e mais no maro que fai que os habitantes da Oia e Baiona fuxan cara O Rosal e Tomiño (xa que Porriño e Pointeareas están comestas pola néboa sempre). Porén na Galicia central, ocupada polas conurbacións de Compostela e Lalín, o clima e a morfoloxía da terra fai que apoboación se meta cara a Galicia interior, abandoando a Costa da Morte e seus arredores onda algún día arrivará Cthulhu durmiñento na cidade asulagada de Valverde.

ClimaEditar

O clima de Coruvigo depende de onde o mides, así no Distrito Turco sempre é inverno e no Distrito Portugués sempre é verán.

CulturaEditar

ArquitecturaEditar

As grandes mostras de arquitectura atópanse nos suburbios do Salnés, Deza, Bergantiños e os cascos históricos das cidades. Debido á que os urbanitas crense superiores edicifacron edificos con arquitecturas traídas do extrsanseiro durante séculos, erguendo palacetes modernistas exóticos na Bélle Époque mentres deixaban morrer de fame ós proletarios, mazacotes de formigón nos 60 dos XX, especulación urbanística destrutora das paisaxes no XXI e finalmente tentativas de facer rúas chairas e rectas que chocaron cos localismos de cada suburbio mentres e tentaba poñer freo á xungla que viñ da Galicia interior e que xa papara a finais do XXI a miles de aldeas e casais e ameazaba rodear a vilas comarcais omo Vilalba, Ribadavia, Brión, Melide...

Entre os monumentos a destacar en Coruvigo hai que resaltar:

  • Base secreta de submarinos nazis en Ferrol.
  • Sepulcro de Prisciliano en Santiago de Compostela: unha enorme cidade-santuario da Idade Media de estilo gabacho medieval.
  • Dolmen de Dombate: unha tumba alieníxena dos noso antergos chegados da Atlántida.
  • O faro de Melkart:En Acruña, de estilo racionalista inglés.
  • Monumento á Batalla de Rande:en Vicus, en forma de ponte.
  • Catedral de Niarlathotep en Tui.
  • Miles de capelas, igrexas, pazos, canastros, centros sociais e rotondas espallados polos suburbios e barrios coruvigeses.

EconomíaEditar

Coruvigo xera arredor do 90% do PIB da nación galega, sendo un dos principais centros financieiros do Noroeste da Península Ibérica, a alata concentración de empresas dos sectores secundario e terciario fai que sexa este o músculo da Ghalisia, distribuidos arredor de varios distritos financieiros: A cidá, Acruña, monte Pío, San Caetano, Berbés e Louro.

O turismo é una das súas fontes de ingreso (o resto de ven de sangrar ís seus habitantes con impostos e multas) pero debido á especulación urbanística foi mirrando xa que Galicia ó ficar sen paisaxes naturais non atrouxo mais turismo e o xacobeo só atraía a crentes de New Age. O resto do turismo ía ás provincias de Ourense e Lugo e buscar emocións naturais e fortes na gran selva entre ruínas de aldeas. Os lugares mais visitados en 2089 foron: Santiago de Compostela, Rías Baixas, Miño Alto e Miño Centroso, Ribeira Sacra, Galicia profunda e o Potala de San Amaro.

TransporteEditar

O transporte depende da alcaldía compostelá que manexa á empresa púdica Suevia (xa que se move por todo o Eixo atlántico como o antigo reino suevo) e así manda sobre autobús urbano, liñas comarcais de autobuses, metro e autovías (o ferrocarril só se usa como transporte de cargas trala desarbolar o AVE españolista) por outra banda o transporte en barco facilita as comunicacións entre os diferentes portos, convertindo o de Vilagarcía de Arousa en estación intermodal e desde alí centralízase cara Lalín.

Ocio e entretementoEditar

Bebido a que o habitante das cidades (aka urbanita) e periferias está alienado polo capitalismo e o consumismo é incapaz de facer cultura por si mesmo e incluso de xerar unha mitoloxía propia (e a toma prestada dos Estados Unidos de América) polo que depende duns profesionais da cultura chamados canflautas, que inventan de todo pra poder comer. O centro cultural atópase en Compostela, cos seus gandes teatros multimedia e seu apparatchik burocrático en competencia coa nomenklatura de Vigo e Acruña, que tantaban deixar de ser galegos pra seren británicos.

Entre os barrios mais chic destacan Compostela, Pontusveteris, Acruña e Tui. Os deseñadores de barcos mais famosos atópanse no distrito Portugués así como o MIT galego atópase en Lalín, onde tentan crear nova tecnoloxía apartir do Ovni de Outes. Entre a variedade de eventos anuais destaca:

  • Día da patria galega: que pasou do 25 de xullo ao 13 de decembro (día da morte do Marechal Pardo de Cela) tras librarse da influencia funeraria da Igrexa católica.
  • Día das Letras Galegas: debido á escaseza nos últimos tempos de escritores en galego decidiu meterse tamén a filósofos, científicos, xueces e contables na lista, xa que ningñún escritor se quería suicidar per se.
  • Festa de Santiago: principal festa do barrio de Compostela, onde se ensalza a astroloxía de Prisciliano.
  • Festa de San Froilán: en honro a San Froilán, un superheore que fixo a muralla de Lugo nunha soa noite (algúns lapensados pensan que era demo).
  • Samain: festa de inverno pra que o alén se abrae poidamos roubar teconoloxía do Universo paralelo.
  • Festa de San Paio: festa do suburbio de A Estrada, onde celebran a Don Paio liberase Galiza dos talibáns.
  • Festas Históricas: todas copiadas da festa da Istoria de Ribadavia, celébranse en calquera cidade medieval e mesmo en algún que outro xacigo arqueolóxico.
  • Beltane: o 1 de maio, onde se celbra o orgullo da Clase obreira.
  • Festa da Dorna: onde fan festa en honro a Sito Miñanco que pasou de piloto de planeadoras a capo.

No ámbito da literatura, cine e televisión Coruvigo coupa un lugar central, xa que desde sempre foi lugar onde se produxeron ou dobraron miles de filmes (primeiro pra TVG e logo pra Vtelevisión). Ademais as cidades de Vigo e Acruña foron sempre escenarios de moitas novelas (crime en Compostela, ollos de Auga, Alí babá e os 40 maricóns) os centros literarios sempre foron os barrios de Compostela e Castro. Algúns escritores relacionados coa cidade son Manuel Rivas, Víctor Freixanes, Méndez ferrín, etc. Os pelegrinos dos "Contos da Colloa" parten desde Tui, Castelao pasou por aquí pra emigrar, outras representacións importantes de Coruvigo na literatura son as aventuras de Leo Caldas, as andanzas do chapeiro Ronald da escritora Sandra S. C., os crimes da meiga chuchona de Darío Vilas Couselo, etc.

Coruvigo tamén deixou a súa pegada no cine xa qe moitas empresas teñen aquí súa central asi como lugares pra grabar e foi escenario d epelículas como Miami Vice IV, The Galician Conection, 666 Dálmatas, Peter Punk, Mamasunción, Continental, Viúva Gómez, O apóstolo...

Véxase taménEditar

Outras megalópolesEditar