Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Corrupción política

Diñeiro de pepeiro.jpg

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Partido PopularCita2.png
Google sobre Corrupción política

A corrupción é definida como a acción ou omisión dunha ou máis persoas reais ou imaxinárias que manipulan os medios de comunicación públicos para beneficio propio e/ou outros en detrimento de todos os cidadáns para servir e beneficiar-se.

Índice

Definicións

Corrupción é o proceso legalizado e lexítimo de actuar de forma ilegal e permanecer impune, sempre que o individuo sospeitoso se enmarque nos catro parámetros de corrupto honesto:

  • Un corrupto honesto sempre, unilateralmente e absolutamente, será inocente.
  • Un corrupto honesto nunca asumirá un erro publicamente.
  • Un corrupto honesto debe compartir as ganancias cunha familia denominada gang ou Mafia (Xeralmente apelidados de "irmáns").
  • Un corrupto honesto sempre cala a boca da policía e dos xornais con fortes argumentos e probas decisórias ($$$).

É un proceso moi utilizado e difundido na sociedade española e Latinoamérica en xeral. Non se sabe nada sobre corrupción nos países de América Norte (U$A) excepto México, pois alí iso non existe, e todo é perfecto, ata implantes de cabelo, silicona e petróleo. Permeia todos os niveis humanos sobre os altos escalóns políticos.

Historia

A corrupción ocupou a atención da sociedade española, contribuíndo ata derribar gobernos, como Alejandro Lerroux co escándalo do mercado negro e o asunto Nombela (1935), ou as de Felipe González o caso ou outros amigos, mesmo Aznar, Feijóo, Baltar etc. Con todo, a corrupción política foi a maior beneficiaria desde a aprobación da Constitución española de 1978 até hoxe a pervertir o sistema democrático e debilitar a confianza da Compañía nos seus representantes públicos.

Como ser un corrupto

 
Vou-vos dar fascismo e cianuro de boa calidade.
  • Sexa político.
  • Se afilie a un partido político, de preferencia un partido popular.
  • Diga que cambiará o país en poucos anos.
  • Negue a matar calquera cousa (todo mesmo).
  • Se eles puserem as mans en ti fales que non ten a obriga de responder pois ten Habeas Corpus
  • Se houber calquera denuncia, culpe o El País ou La Secta.
  • Se TVE denunciar ti, diga que forma parte da prensa da oposición.
  • Se a súa popularidade comezar a caer, faga algún tipo de pallaso nas reportaxes (tome unha camera e fale cámara filmando cámara).
  • Faga "contactos" entre os empresarios da construción e que lle paguen a cambio de traballar.
  • Teña contenta á Igrexa católica e organice Xacobeos pantagruélicos.
  • Oculte todo mediante procedementos obscuros e reparte o diñeiro entre os peixes gordos.

Corrupción en Galicia

  Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


A corrupción veu a Galicia aló polo ano 69 cando Octavio Augusto conquistou estas terras e para obter subvencións fundou do senado romano o Imperio Romano colocando aquí varias empresas pantasma (sobre todo no sector mineiro valdeorrés) e deslocalizaou ata aquí tallares de moeda, cerámica estilo made in China e conserveiras catalás.

Na Idade Media todo o que era dos romanos pasou á Igrexa católica que cometeu grandes desfalcos e sacaba aos ricos dicíndolles que senón doaban no testamento terras aos mosteiros irían ao inferno e así o arcebispo de Compostela e os mosteiros (Samos, Melón, Celanova, Carboeiro, etc) quedáronse con todas as terras.

Debido á crise provocada pola escravitude dos indios americanos enchendo os puticlubs con caribeñas chegamos á Idade Moderna e o negocio sufriu unha Contrarreforma e así seguiu funcionando a maquinaria ata que se tentou modernizar todo pero os curas non quixeron e invocaron a Cthulhu que lle meteu tal patada a España que a enviou ao Antigo Réxime, pero debido a unha contraoferta da Unión Europea e dos Estados Fundidos de América. España democratizouse e dende entón a corrupción sae en (case) tódolos xornais.

  • Operación Pokémon: ata agora a maior trama corrupta de empresarios, pokémons e políticos de varios partidos; o obxectivo era conseguir centos de ovos pokémons para atrapar cartiños quentes e facerse con contratos e servicios provintes do Estado Español e da mafia católica.
  • Operación Carioca: políticos e escravistas do Queen's e o Colina.

Corruptelas por partidos políticos en Galicia

  • PPdeG: Caso Arena, Caso Baltar, Caso Orquestra, Caso Barreiros, Caso Bea Gondar, Caso caballo de Troya, Caso Caldelas, Caso Campión, Caso Carioca, Caso Ceivan, Caso Cendán, Caso Conde Roa, Caso Coristanco, caso Gondomar, Caso Nelson Santos, Caso Palas de Rei, Caso Pardellas, Caso Patos, Caso Pokémon, Caso Santiago de Compostela, Caso vendex, Caso PP de Valga, Caso Xinzo de Limia, Caso Nécora, etc.
  • PSOE:Caso Alonso de León, Caso Enchufes Vigo, caso Pokémon, Caso Vendex, Caso grúa de Lugo, Caso Pulpo, caso Someso, caso Pikachu, Caso Orquestra,
  • Podemos:
  • Ciudadanos:
  • Vox:
  • BNG: Caso Melide, caso Pokémon, Caso Campión,
  • En Marea: Caso Concello de Santiago

Véxase tamén

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Corrupción política.

Outros artigos