Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Conxuro da Queimada

IconoWorking.jpg Hai xente que traballa Este artigo ou sección!
Imos, non arrisca. Prefire editar un artigo ou manter a súa vida? Círcule...
Cita1.png

Néboas do Valadouro
Corvos da Fonsagrada
Escoitade a petición
deste bacante mortal.

Invócovos coa fala de Rosalía
adoradores de Bandua,
chámovos coa cona mailo carallo
vide a min en boa hora.

Á luz destas chamas
vinde dicirme
como fuxir da morte
e vivir con sorte.

Cita2.png
Conxuro da miña avoa, a meiga de Reirís, durante a lúa de sangue

O Conxuro da Queimada é un ritual da maxia do Caos. Trátase dun ritual moderno e sicalítico provinte de varios autores, aínda que o mais coñecido é o cabaleiro Mariano Marcos Abalo, quen lle deu un sotaque propio dos filmes setenteiros de Dario Argento e da Hammer e demais vítimas de Vincent Price.

Historia do conxuro da queimadaEditar

A mediados dos 60 coa revolución do amor ás artes escuras comezou o costume de inventar rezos e xaculatorias satánicas á hora de facer a queimada.

O Conxuro de Mariano Marcos AbaloEditar

O conxuro de Mariano Marcos Abalo trátase do conxuro mais coñecido, escrito nos 60 por Mariano Marcos Abalo durante unha festa que el camuflou como unha broma pero en realidade formaba parte das súas crenzas wiccanas. Este conxuro pop é unha invocación Garderiana de purificación e contra elementos negativos e seus representantes (animais nocturnos, Santa Compaña, supersticións europeas, elementos soltos da imaxinería pop cristiá, etc) para purificarse contra a súa influencia (alcumada de negativa neste conxuro) e para saudar (protexer) a persoas amistosas.

 

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas;
demos, trasnos e diaños;
espíritos das neboadas veigas,
corvos, pintegas e meigas;
rabo ergueito de gato negro
e todos os feitizos das menciñeiras...

Podres cañotas furadas,
fogar de vermes e alimañas,
lume da Santa Compaña,
mal de ollo, negros meigallos;
cheiro dos mortos, tronos e raios;
fuciño de sátiro e pé de coello;
ladrar de raposo, rabiño de martuxa,
oubeo de can, pregoeiro da morte...

Pecadora lingua de mala muller
casada cun home vello;
Averno de Satán e Belcebú,
lume de cadáveres ardentes,
lumes fatuos da noite de San Silvestre,
corpos mutilados dos indecentes,
e peidos dos infernais cus...

Bruar da mar embravecida,
agoiro de naufraxios,
barriga machorra de muller ceibe,
miañar de gatos que andan á xaneira,
guedella porca de cabra mal parida
e cornos retortos de castrón...

Con este cazo
levantarei as chamas deste lume
que se asemella ao do inferno
e as meigas ficarán purificadas
de tódalas súas maldades.
Algunhas fuxirán
a cabalo das súas escobas
para iren se asulagar
no mar de Fisterra.

Ouvide! Escoitade estos ruxidos...!
Son as bruxas que están a purificarse
nestas chamas espiritosas...
E cando este gorentoso brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
tamen todos nós quedaremos libres
dos males da nosa alma
e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume!
a vós fago esta chamada:
se é verdade que tendes máis poder
ca humana xente,
limpade de maldades a nosa terra
e facede que aquí e agora
os espiritos dos amigos ausentes
compartan con nós esta queimada.

 

Conxuro satánico galego da QueimadaEditar

Porén o conxuro usado na Igrexa satánica de Galicia ven sendo:

 

Ven a nós Astaroth
Escóitanos Belial
Señores, marqueses e duques
con estas lapas vos invoco.

Co meu orgullo vos chamo
que brille eu tanto como isto,
no medio dos parvos
ascendeime no medio dos pailáns.

Ciprián e Simón o Mago
axudaime contra min
subídeme ó voso lado
e quede abaixo o malo.

Astaroth axúdame
Bótame unha Belial
que meus elexidos
me acompañen sempre.

 
Conxuro satánico galego da Queimada