Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Conxugación

Conxugación no futuro da frase en inglés, aínda que é certo que todos nós iremos ata morrer nun futuro próximo.

A conxugación dun verbo son as variacións que sofre segundo as circunstancias nas que se use. Hai conxugacións regulares (que seguen unhas regras comúns a moitos verbos) e irregulares (que se poden considerar como excepcións das primeiras xa que como viven mesturadas con persoas de mala indole como ti, eles e outros pronomes, estes verbos desrespeitan as normas da sociedade).

As irregularidades principais poden ser de tres tipos: ortográficas, fonolóxicas e temáticas. As ortográficas prodúcense pola non correspondencia exacta entre o que se pronunciará e o que se escribe pois todos non observan a gramática. As fonolóxicas débense ás alternancias dos graos de apertura nas raíces dos verbos ó longo da sua conxugación. As temáticas xurden cando os verbos presentan variacións formais nos temas na conxugación podendo cantar en sol maior ou re menor.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Conxugación.

Outros artigosEditar