Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Civilización do val do Indo

Adult neon.gif NON SEGURA PARA O TRABALLO!
O artigo que estás mirando non pode ser un traballo seguro!... Aínda que, desde que xa está aquí
é demasiado tarde para que este aviso sexa realmente útil.
Un xefe ou compañeiro de traballo ve neste artigo, a alegación de que era spam e culpa as faces de TI.
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Típica rapaza da civilización índica.

A Civilización do Val do Indo foi un dos lugares onde xurdiu a civilización humana, debido a que está lonxe de Europa non sae en moitos cómics e novelas, aínda menos en películas.

Índice

XeografíaEditar

Atopábase no que hoxe ven sendo Afganistán, Paquistán e norte da India, e aproveitouse das augas do río Indo pero sen sacrificos humanos a Moloch nin Quetzalcoátl. Xurdiu moito despois da civilización en Mesopotamia e no Exipto construían os primeiros resorts turísticos como a pirámide de Keops, mentres na Península Ibérica os megaliteiros facían das súas.

HistoriaEditar

  • Preharappa: todo comezou cando os labregos desa zona baixaron das montañas de Putanistán e comezaron a aproveitar as morenas terras da veiga do río Indio. As terras val do Indo eran moi fertiles e deron abundante comida a seus habitantes, que comezaron a pelexarse entre sí polo dominio das terras. Para deter estas pelexas os chamáns de cada tribo colexiáronse para aproveitarse dos seus crentes e pasaron a vivir deles organizando unha relixión na que se non odebecías ao delegado sindical do deus este cabreábase contigo e te reenacarabas nun verme ou nun intocable. Os seus veciños mais brutos lles fixeran casos prometéronlles unha participación do 666% das riquezas e así todo contentos. Os problemas non remataban aí, as súas riquezas aumentaron o número de persoas, polo que había moitos adolescentes e paro asi que houbo que inventar a guerra e a opresión da muller para que houbese haréns, asi só os mais ricos podían ter fillos.
  • Harappiano recén: outro problema afectaba á nova cultura, os da tribo de mais arriba do río soian ir a mexar cando os da tribo do río mais abaixo se ían bañar, polo que estalaban guerras civís continuas. Asi que os reis sacerdotes decidiron que se reunisen as tribus nun lugar non agrarizable e así xurdiron as cidades. Os reis pueron un gran baño comunal e todo mexaban cando todos se bañaban. A civilización índica marchaba vento en popa, pero as tribos do norte das montañas esfameadas comezaron a baixar seguindo o cheiro do churrasco e do viño. Vendo aquel edén comezarona roubarlles cada vez que había fesa da colleita, así para protexer os seus celeiros ergueron murallas e así crearon o capitalismo guiados por Indra. Debido a que as tribos de xitanos lles andaban roubando aumentou a altura das murallas e creáronse exércitos, que cando non se defendían dos ataques xitanos ían escoltar caravanas comerciais a Mesopotamia, de onde trouxeron putas sagradas e a roda.
  • Harappiano tardío: debido a que tiñan toda clase de metais comerciaron con eles por todo o mundo, a elite social, uns curas metrosexuais, organizaban o comercio para traerse peles de lagarta e outros ricos minerais para lucir mais rumbosos nos templos ante a plebe temerosas de seren encuadas polos deuses facían todo canto lle pedían seus reises cregos. Nesta época púxose de moda o de levar ao pescozo selos de chumbo cun alicornio e signos sacados do Necronomicon. Por outra banda o Arte pasou da súa etapa erótica mainstream ao cubismo e tirándos ene picado cara a decandencia do carallismo.
  • Post Harappián: os problemas desa civilziación viñeron debido a que non respetaban o medio ambiente e como aínda non inventaran Greenpeace e o primo de Rajoy lles dixera que non existía o cambio climático o río Indo cambiou de canle. Os pozos desecáronse, as putas aumentaron de prexo, os reis sacerdotes desta civilizaciñón comezaron a matarse entre sí para se califa. En lugar do califa mentres caían na decadencia e tiñan Picassos nas súas letrinas. Esta teocracia veuse abaixo de todo cando se publicaron as 95 Teses e tiveron que ir a vivir doutra cousa, entre iso e unha crise económica a civilización veuse abaixo e ninguén mais se lembrou dela ata que miltropecentos miles de anso amis tarde Mowgly a descubriu.

EconomíaEditar

A economía desta civilización estaba baseada no cultivo de polo ao curry si como da exportación de bailes sensuais a outras cinematografías, asi como a extracción de ouro para logo convertilo en dentes e vendeérllelos aos rapeiros de gangsta rap de Exipto. Isto unido a que a música Pop se reinventou acabou coa economía de extracción da civilización, asi tamén a culpa da chegada do hinduísmo que abogaba por deixar o teu Eu.

CulturaEditar

A cultura do val do Indo estaba baseada no traballo de veiga e na exploración de novas terras, onde poñía uha granxa para sacar de rexión minerais e animais. O resto do tempo pasábano vendo bailar ás mulleres en tanga.

RelixiónEditar

A súa relixión estaba baseada na existencia dunha Deusa e un Deus. Este con cornos polo que supoñemos que a deusa era moi de andar fóra de casa mentres o home estaba todo o día xogando ao Warcraft ou ao Age of Empires. Esta parella de deuses creou o resto do universo mediante unha serie de tolas aventuras que quedou plasmada en ningún lugar xa que a pesares de estaren gobernados por sacerdotes reis esta civilización non sabía o que era un templo nin un palacio, iso si, lavábanse moito e tiñan auga da boa polo que seguramente practicaban moitas orxías.

CostumesEditar

Os indios desta época vían danzas de mulleres en tanga coas tetas ao ar, una especie de pazo do strip e lgo o resto do día tomaban baños de sales. Algúns facían arte pintando monas en vasos cerámicos e outros tallaban estatuas de hipsters ou facian selos con animais mitolóxicos para botar partidas de magick ou de xogo de rol.