Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Chiste do can Mistetas

Unha muller co seu can.

O chiste do can Mistetas é un chiste verde español moi popular, tendo un compoñente erótico moi suave, ata tal punto que adoita ser un dos primeiros chistes que se aprenden durante a infancia. Por iso, o público adulto xeralmente considérao pueril ou simple e e emprégase coma exemplo de chiste malo. Non obstante, o chiste desfruta dunha gran vixencia e difusión entre a sociedade española dende polo menos os anos oitenta. Ten múltiples variantes e foi versionado por humoristas coma Faemino y Cansado, Manel Fontdevila e cineastas independentes que producen películas moi sen graza apelativos con ese chiste.

O chiste en si...Editar

 
O que todo o mundo está a entender así!

A versión máis habitual do chiste cítase a continuación:

  Unha muller pasea ao seu can, chamado Mistetas (Meustetos). Durante o paseo, o can fuxe e pérdese. A muller búscao sen atopalo, pero ve a un policía (ou home maior, dependendo da versión). Entón pregúntalle: «Desculpe axente, veu vostede a Mistetas?», e o home respóndelle: «non, pero gustaríame velas».  

Son tres os aspectos que contribúen ao feito de que esta situación sexa considerada cómica: o primeiro e máis obvio, o explícito nome do animal (xa que en castelán Mis tetas quere dicir "meus tetos"); o segundo, que a muller referíase ao can polo seu nome de pila, obviando que o policía non ten por que coñecelo; e o terceiro, a resposta inesperada e fóra de lugar que dá o policía.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Chiste do can Mistetas.

Outros artigosEditar