Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Charles Bronson é un fervente defensor do Ben no Universo, xa que a súa muller morreu por culpa duns mafiosos comedores de polbo con nachos, del díxose que: "Charles Bronson ten dúas expresións, e unha delas é con bigote". É ben coñecida o seu costume de matar a todo o mundo nun radio de 666 metros aínda que nin sequera lles pegue. Se respetas estos dogmas serás un amado discípulo de Charles Bronson:

  • Charles Bronson sempre ten a razón.
  • En caso de que non teña razón aplíquese a regla número 1.
  • Amarás a Charles Bronson por enriba de Chuck Norris (E ése quen é?).
Charles Bronson
Charlesbronsongod.jpg
Charles Bronson deus da Desgalipedia.
Nome completo Charles Dennis Buchinsky
Nacemento 3 de novembro de 1921
Lugar Ehrenfeld, Pensilvania, Bandeira Usa.png Estados Unidos
Falecemento 30 de agosto de 2003 (81 anos)
Lugar Os Ánxeles, California, Bandeira Usa.png Estados Unidos
Profesión Actor, matador e asasino (1950 - 1999).

Índice

Vida e paixónsEditar

 
Charles Bronson en vacacións en Euskadi.

Charles Bronson naceu nunha república báltica na Rusia, de bebé caeu nunha poza de vodka da que saíu convertido nunha máquina de matar potitos isto foi visto por un oficial da KGB que o entrenou no Pop melódico. bronson sería educado na disciplina samurai ortodoxa rusa, o seu primeiro emprego foi de garda de seguridade da estación espacial de Baikonur, pra impedir que a CIA a destruise. Alí entrou en contacto cos chamáns e iría a Siberia a perfeccionar os seus viaxes astrais, provocando o evento de tunguska, ao tempo que multiplicaba o seu Qi d etal forma que xa podía lanzar Kamehamehas ou "ondas vitais" intercontinentais, o que provocaría unha esclada de tensión na Guerra Fría.

Inimigos de Charles BronsonEditar

 
Charles Bronson arrestando ao ditador Narváez.

Catecismo de Charles BronsonEditar

- ¿Quen é Charles Bronson?
- Charles Bronson é o deus da sagrada Desgalipedia, Deus un e todopoderoso e machote.
- Cantas persoas son Charles Bronson?
- Charles Bronson é un e trino, xa que Charles Bronson tamén é Clint Eastwood e Chuck Norris, todos a mesma persoa e avatares da mesma persoa. Charles Bronson, que domina o Mundo disco per secula seculorum ramén!
- Onde está Charles Bronson?
- En todas partes porque el é Deus.
- Porque Charles Bronson permite a existencia do mal no mundo?
- Porque Charles Bronson sabe que podes ser bo ou malo e de ti depende que elixas para que Charles Bronson saiba si matarte ou deixarte vivo ou partirche as pernas.

Mandamentos de Charles BronsonEditar

 
Charles Bronson facendo sarificios humanos a Bandua coa doce virxe Sara Montiel.
  • Amarás a Charles Bronson sobre todas as cousas.
  • Non dirás o seu nome en van.
  • Santificarás as festas de Bronson.
  • Daraslle todo os teus cartos á causa indicada por Charles Bronson.
  • Non roubarás, a non ser que Charles Bronson cho ordee.
  • Non matarás, só Charles bronson ten licencia pra iso.
  • Non desexarás outra muller que á de Charles Bronson, xa que el si que sabe elexir e non coma ti!

Oracións a Charles BronsonEditar

O Noso Charles bronson.
 

Noso Charles Bronson qu'estás no ceo
Santificado sexa teu nome
veña a nós túa mirada de aceiro
e fágase a túa vontade así na terra coma no mar
danos hoxe e mañá e sempre o pan de cada día
e fágase a túa vontade polos milenios dos milenios
Evohé!

 
O eu friqui me confeso
 

Eu friki confésome
por seres ti Charles Bronson meu líder
i eu un pusilánime a ti me consagro
libérame dos orcos de instituto e dos feixistas do traballo
agora e na hora da nosa vida
Evohé!

 

Leis e principios de Charles BronsonEditar

 
Charles Bronson salvando a Occidente.
  • Lei de conservación da enerxía: A enerxía nin se crea nin se destrúe... ata que bate con Charles Bronson.
  • Lei de elementalidade: o elemental parte de Charles Bronson xa que el é o seu protector asi como o seu destrutor polo que Bronson é Charles e polo tanto o innato xa que fixo todo segundo miraba para un lado ou outro e iso é elemental.
  • Lei das proporcións múltiples: cando Charles bronson permite a unión de sustancias pra dar lugar a mais dun composto, masa dun deles únese á do outro grazas á forza bronsonianca, e a primeira ten números atómicos charlinianos.
  • Lei do talión: Charles Bronson apareceu na Mesopotamia farto de ver liortas entre sumerios, acadios, amorreos, elamitas, guteos, semitas, árabes, persas, hurritas, babilonios, asirios e deicidu forxar un marco legal, aquel que fixera algo malo... que se preparase!! Nin xustiza poética e si ostias!
  • Lei de bronsonidade universal: cando Charles Bronson ten unha dea e aleva cabo si muda de idea no meio da acción fará miragres para revertir a primeira idea creando o principio de Arquarlesbronson e grazas a seus cálculos todo irá polo rego que lle cavou el.
  • Lei de Bronson da electrolise: a masa dunha sustancia sobre un electronto convírtese en directamente proporcional á cantidade de enerxía transferida por unha miradiña de Bronson, isto é, mídese en toneladas.
  • Lei das proporcións inconstantes de Bronson: cando se combinan dous bandidos para dar luar a un bandido composto para traer o mal a esta terra Bronson sempre os destrúe mediante a desrelación inestable de masas.
  • Lei de proporcións non equivalentes: aínda que xuntes a varios malotes contra Charles bronson nunca NUNCA! poderás vencelo xa que el desfai a masa equivalente a tres bandidos mediante a desconexión dos seus elementos cunha explosión de pólvora ignífuga que provoca unha desfeita nas valencias e números atómicos deses bandidos.
  • Lei de presións parciais: a presión dun grupo de multinacionais sobre un país ou neoimperialismo é inversamente proporcional á adoración que a xente dese país amose cara Charles Bronson.

Desgalería de imaxes de Charles BronsonEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Charles Bronson.

Outros artigosEditar

Modelo:Paseo da Fama de Hollywood