Charla

Unha charla ou parola (do inglés: chat), é unha conversa mantida a través da rede a tempo real sobre ídolos de música, relixión e política exterior. Normalmente os usuarios do chat utilizan pseudónimos denominados nicks. Tamén cabe destacar que os usuarios deste tipo de medios escriben utilizando unha linguaxe simplificada, con palabras cortas, simplificando palabras e en xeral sen respectar as regras ortográficas. A acción de andar nun chat denomínase chatear.
Dentro da lingüística que estuda os xéneros discursivos dos usuarios, isto é, sen ortografía, tradicionalmente facíase a clasificación entre xéneros orais e escritos. Coa aparición do chat, a claridade desta distinción rompeuse: o chat transmítese obviamente coma medio escrito pero ten certas características comúns coa oralidade:
- baixa planificación;
- instantaneidade;
- bidireccionalidade;
Software e protocolosEditar
Algúns dos programas e protocolos máis utilizados son os seguintes:[Cómpre referencia]
- AOL Instant Messenger:
- Connecta 2000
- Gadu-Gadu
- Google Talk
- IRC
- ICQ (OSCAR)
- Internet Relay Chat (IRC)
- XMPP (Jabber)
- Meetro
- MUD
- Pichat
- SILC
- Skype
- TeamSpeak (TS)
- Windows Live Messenger
- Yahoo! Messenger