Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Cervantes

Cervantes
Escudo de Cervantes
Situación
Situacion Cervantes.PNG
Xentilicio[1] [email protected]
Xeografía
Provincia Lujo
Comarca Comarca dos Ancares.
Poboación hab. (2020)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2020, ou non.

Cervantes é un concello fronteirizo da Jalisia xa lindando con Asturies. Aquí nasceu Miguel de Cervantes, onde pode ver osos e mamus en liberdade, onde seus habitantes gardan todavía a práctica das tres noites de Tobías (tres días despois dunha boda os contraíntes non teñen sexo entre eles), e aínda sobreviven algúns xaponeses que pensan que a Segunda Guerra Mundial non rematou así como soldados da Segunda República española que seguen tentando defender a legalidade.

Índice

HistoriaEditar

 
O Castelo de Doiras antes dos Irmandiños.

Cervantes foi fundado na Idade Media por Aldara e Egas, uns irmáns incestuosos que ergueron o castelo de Doiras pra dominar toda a bisbarra coaccionando ós labregos e pastores a que lles entregasen o 80% da súa produción mentres vivían seu romance tabú. Desta diabólica unión saiu moita da nobreza que durante séculos dominou esta zona de forma antidemocrática, ata que no século XIX inventáronse os caciques e os de sempre seguiron mandando desde Madrid ata día de hoxe (aínda que tamén mandan desde Bruxelas).

Durante a época de Belonismo Cervantes comezou o despegue económico, razón pola que todo saíron espelidos cara a emigración, deshabitándose este lugar e enchéndose de osos e abominables homes das neves de paso que convertía Cervantes nunha república socialista federada ao Reino de Galicia e con dereito a protección do Pacto de Varsovia contra os lobos que baixaban da montaña no inverno.

XeografíaEditar

Cervantes atópase na fronteira con Asturies e aquí está parte do Courel, esas montañas máxicas onde vive o Rei Artur papando moscas ata que lle chegue a hora de capitanear as súas hostes contra Sauron e Donald Trump. O seu xentilicio é Cervantino.

ClimaEditar

Eurosiberiano, pero grazas ás montañas mais altas de Galicia pódese vivir tranquilo sen temporais porque as pechan elas.

Flora e FaunaEditar

A flora é a que está invadindo esta sterras abandonadas polos humanos polo que se supón que pra 2150 sexan as únicas habitantes deste concello, a fauna non porque hai cazadores a eito.

EconomíaEditar

Fuxir pra Lugo capital.

PatrimonioEditar

Que ver no concello de Cervantes
  • Castro de Cervantes: aquí vivían os Seurros dominando o río de onde sacaban ouro ata que viñeron os romanos e llo roubaron.
  • Castelo de Quindós: de estilo normando.
  • Pallozas de Piornedo: onde os habitantes practicaban zoofilia aproveitando que dormían á beira dos bechos.
  • Os Ancares: montón de terra e pedras que a raza de xigantes foi poñendo aquí o mterial que sacaa da Terra Chá.
  • Castelo de Doiras: feito por Saruman para salvagardar o acceso a Mordor, perdón, Lugo.
  • Torre de Donís: aquí o rei Don Dinís de Portugal tiña ás asúas amantes en plan harén.
  • Fortaleza de Ferreira: onde sempre para a Santa compaña a botarlle uns cacharros.
  • Pazo de Lama de Rei: onde o cardeal Álvaro Mendoza facía miss vermellas para ver si mataba a distancia ao cardeal Richelieu.

ParroquiasEditar

Véxase taménEditar