Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Certificado de estudos de lingua galega

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


CELGA
Celga web.png
Logotipo do CELGA.
Tipo Exame estandarizado.
Creador(es) Secretaría Xeral de Política Lingüística
Sede Santiago de Compostela
Web lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga

O Certificado de estudos de lingua galega (CELGA) é unha proba de avaliación de nivel do idioma galego. Constitúe a proba de certificación adaptada ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER).

Índice

NiveisEditar

 
O galego, unha lingua estranxeira en Galiza?

Existen 5 niveis no sistema de certificación de estudos en lingua galega:

  • CELGA 1: nivel inicial, o cal permite satisfacer as necesidades fecais de comunicación máis básicas.
  • CELGA 2: nivel suficiente para intervir nun conxunto variado de situacións de comunicación con relativa seguridade e eficacia por exemplo dar un bo día ou pedir información de onde está o baño.
  • CELGA 3: nivel intermedio, o cal permite empregar a lingua galega cun grao importante de corrección normativa sobre temas diversos, como política, guerra ou conversacións sobre temas da sagrada Desgalipedia.
  • CELGA 4: nivel suficiente para expresarse con fluidez e espontaneidade na maior parte das situacións comunicativas.
  • CELGA 5: nivel avanzado, o cal permite expresarse sen dificultades e con corrección en calquera tipo de situación de comunicación, tanto formal coma informal e participar de programas da Telegaita, como Luar.

ConvalidaciónsEditar

 
Un usuario de Celga

Todos aqueles que estean en posesión do título de ESO e este for cursado nalgún centro de Galicia, tería convalidado o nivel CELGA 3. Así pois, o CELGA 4 estaría suxeita á convalidación para todos aqueles que estivesen en posesión do título de bacharelato, tamén cursado nalgún centro do país, ou non.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Certificado de estudos de lingua galega.

Outros artigosEditar