Celtas
Os Celtas foron un pobo de antes dos Romanos, que se distinguían dos outros por falar unha lingua... céltica (valga a redundancia).
Orixe dos celtasEditar
Os celtas eran unhas tribos que andaban polo Cáucaso adiante como quen anda de bebedela, ata que un Ovni baixou en Hallstaatt e abduciu a uns cantos e lles meteron ideas raras na cabeza sobre que habia que habitar toda Europa antes de que viñeran os romanos a levalo todo, e así puxéronse a emigrar ao tolo, uns foron pra Inglaterra (onde cairon nunha gran depresión e inventaron a música pop), outros foron pra Turquía, onde se afixeron a non dar golpe, e outros pa Francia e a Península Ibérica, onde estableceron teocracias sobre os iberos (os celtas de Galicia chegaron por mar desde Turquía guíados por Brath).
Cultura celtaEditar
A política celta sempre estivo gobernada polos druidas, ou sexa, que vivían nunha teocracia (tipo Irán), e logo baixo eles estaban os reis, os nobres, os caciques, os guerreiros, os labregos, os pastores e os escravos. Debido a que as mulleres celtas eran moi varudas e fortes tiñan a súa propia forma de goberno e só vivían cos homes por iso de ter alguén que as achuche pola noite nos castros.
Debido ó seu estado político fican moitos restos celtas nas tumbas dos seus reis, o resto de persoas vivían de comerciar con fenicios e gregos, outros pastoreaban (e tiñan relacións zoofílicas), outros eran mineiros e outros arrapañaban de vez en cando por ahí aos seus veciños; aínda así so druidas obrigábanos a rezar a moitos deuses, como Lugu, Dagda, Vestio Alonieco, Tutatis, Esus, Taranis, Nantugaicis, Deva, Morrigan, Shiva, Ouro, Navia, etc.
Celtas famososEditar
- Cristina Pato.
- Vercingétorix.
- Celtas cortos.
- Viriato.
- Breogán.
- Ith.
- Brath.
- Astérix.
- William Wallace.
- Anxo Quintana.
- O Rei Arturo.
- Boudica.
- Maricastaña.
- xogadores e afeccionados do Celta de Vigo.
- Camalvs de Briteiros.
- André Pena Graña.