Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Celso García de la Riega

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Celso García de la Riega.
Celsivs.jpg
Información
Nacemento 26 de agosto de 1844
Pontevedra Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 3 de febreiro de 1914
Nacionalidade galega
Ocupación Proclamar que Cristóbal Colón era veciño seu.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Friker JiménezCita2.png
Google sobre Celso García de la Riega

Celso García de la Riega foi un intelectual nado en Pontevedra city no século XIX.

Índice

Traxectoria vitaeEditar

Nado en Pontevedra en 1844 no seo dunha familia de nobres vida a menos, estudou no colexio de Xesuitas onde sufriu bulliying por ser pouco dado ós deportes e ser tímido, isto fixo del un rato de biblioteca e comezou a convertirse nun friki tras ler moito a Nostradamus, Paracelso e Cagliopstro deseñou unha máquina do tempo e visitou varias exposicións de Otakus, mais cando viu ás ganguros fuxiu de volta pro XIX, sen decatarse de que na súa fuxida se trouxera as gafas do Doutor TNT.

Con estas gafas paseouse pola vila de Pontevedra, en decadencia total a finais do XIX, polo que comezoua ver cousas raras nela e mesmo ver ectoplasmas que collían forma de cabaleiros medievais e todo, pensando que virara tolo correu onda seus pais e pediulles que o enchufaran nalgún postiño na Diputación ou mellor en Ultramar. Finalmente tras remover ceo e terra e lamber moitos cús na corte en Madrid seus pais conseguiron desfacerse del enviándoo á administración colonial a Cuba (xa que o Imperio español aínda existía por alí).

Aló na Habana sandou grazas ó clima e as súas mulatas, en sete anos xa estaba feito todo un "muyayo" e xa non quería voltar á triste Pontevedra mais como morrera seus pais tívose que voltar a facerse cargo do erario familiar, estando no pazo viñérono buscar uns armadanzas politicastros que o convenceron pra apuntarse ó Partido Liberal e participar na privatización dalgunhas infraestructuras e saír cunha comisión, ou dúas. Puxérono como deputado por Cambados e tras o pucherazo obtivo súa acta de diputado e comezou a medrar no PSOE, que daquela non tiña moitos cadros de mando e buscaba fidalgos pra ter mais prestixio, asi que desde Madrid o mandaron ó País Lionés como gobernador civil de León, cargo no que só durou dous anos xa que non sabía imprimir un carácter españolista na zona (condición de todo gobernador civil da época).

Tras ser cesado como delegado do goberno centralista autoxubilouse grazas á paga vitalicia de deputado e foise pro pazo familiar de Pontevedra, onde se xuntou con outros frikis na tertulia do Ateneo (pra facerlle a competencia a Manuel Murguía coa súa tertulia celtista) e comezou a inxerir de forma cotiá peiote pra descubrir o volkgeist galego, mais o único que descubriu foi a orixe galega de Cristóbal Colón. De paso comezou a enviar cartas e artigos a La voz de Galicia e outros xornais que necesitaban lustre pra saír do paletismo finisecular e o chamaban a él pra ver si lles regalaba con algunha perla de fantasía grecolatina galaica. A finais de século e seguindo as teorías invasionistas e certas tradicións da época moderna dos fidalgos de darse lustre buscando antepasados heroicos García de la Riega defendeu que o fondo étnico dos galegos era grego, e por iso se burlaba dos celtistas, qie pensaban que o fondo étnico galego era celta e lles puxo como nome ós frikis celtistas o de "Cova Céltica" (boeno, llo puxo en castelán, cueva céltica, que o rapaz era de Pontevedra non da Galicia profunda eh).

Esta rivalidade pasou pola familia adiante e incluso actualmente seu bisneto segue tentando demostrar que seu bisavó estaba no certo, e memso conta con varios estudiosos que esquecen a ciencia cando se fala deste tema, tirándolles mais o localismo ó falar de Colón, tras unha enquisa resultou que a ninguén lle importaba a orixe de Cristóbal Colón.

Grandes frikadas especulativasEditar

Algúns escépticos criticáronlle a traxectoria divulgativa, restandolle valor científico á súa obra, que é tachada de puramente especulativa, falta de rigor e allea ó método científico, entre as súas teorías históricas destacan:

  • Os galegos somos descendentes dos gregos: "Tideo fundou Tui, Teucro fundou Pontevedra... parécevos pouco eh celtistas do carallo!!?? A arqueoloxía que diga misa, ademais a decoración castrexa ten influencias micénicas!!! si incluso o dixo Martins Sarmento!!!"
  • Cristóbal Colón era galego, As probas? que ninguén probou seu lugar de nacemento, que súa tripulación ían galegos (e tamén doutras nacionalidades) que lles puxo topónimos das Rías Baixas ás illas descubertas (topónimos que tamén cadran con outros lugares) teño documentación!!! (que descubriron como falsa). Esta teoría do orixe galego de Colón súmase a doutros 16 posibles orixes e todos manexando os mesmos parámetros (que si toponimia, linguaxe de Colón, apelidos Colón nas súas zonas, coñecem, entos náuticos, etc)
  • Pedro Madruga era Cistóbal Colón, que porqué o sei...? Porque cando desapareceu O de Soutomaior apareceu Colón, está claro non? causa e efecto... asi qeu si eu desaparezo e aparece Franco é que somos a mesma persoa pero con distinto nome.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Celso García de la Riega.

Outros artigosEditar