Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Castro (poboado)

NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castro.
Típica casa dos castros galegos.

Un castro é un poboado antigo onde vivían os mouros e os celtas ou castrexos. Comezaron a construirse na Idade do bronce por toda Europa e na Península Ibérica os mellores están en Galicia.

Índice

Tipos de castroEditar

  • Grandes: Cidá, cividá,
  • Pequenos: onde se engloban as castronelas, castriños,

Urbanismo dos castrosEditar

O castro divídese en partes habitables e as defensas:

  • Partes habitables: todas cheas de casiñas e cortes, co seu midchuarta (sala de banquetes xeral pras orxías e botellóns comunitarios) súa sauna castrexa (onde ir facer a BBC, Bodas Bautizos e Comuñóns) e súa praziña sagrada onde rezar ó deus patrón do castro (Santa Navia, San Bandua, Santa Coventina, San Reve, San Cosso, santa Deva...).
  • Defensas: muros altos moi altos, murallas con torres protexendo as portas de entrada, dúas como máximo, foxos, pedras fincadas, terrapléns, búnkers con submarinos atómicos, túneles subterráneos pra atacar pola retagarda coas espadas láser, etc.

No exterior do castro atopábanse os campos de cultivo, o cemiterio (a saber que cona facían cos mortos que aínda non apareceron as tumbas castrexas, levan 100 anos sen aparecer) zonas de pasto e santuarios comarcais.

O urbanismo castrexo articulábase a través da figura do Corono e da midchuarta como punto central arredor do cal se arrexuntaban as casas na procura d eprotección alzando muros visibles e invisibles.

HistoriaEditar

Os castros foron inventados polos celtas pra ter ás mulleres e o gando a salvo dos veciños que llas querían foder (descoñécese a quen primeiro se a muller ou ó becho) a finais da Idade do Bronce, na seguinte era os castros medraron en tamaño e muralladas extendéndose o costume de facelos desde a costa cara o interior, subindoa moda polos ríos arriba cara o interior do país.

Cando chegou o Imperio Romano puxo a todos finos, a uns os destruiu e a outros permitiulles seguir existindo xa que non tiñan moi clara a política de vivendas e aínda non desenrolaran un PXOM axeiado pra atrasada Hispania mais co tempo foron "invitando" ós seus habitantes con multas e ataques suicidas a baixar aos vales e vivir en sitio mais chairo coa excusa de que era mais rendible e cómodo,sobre todo cómodo para controlar á poboación...

Ata que o imperio disgregouse tras varias privatizacións e voltouse habitar os castros mentres os curas andaban polos vales predicando o cristianismo milenarista decindo que Deus ía baixar do ceo no seu Ovni e destruira aqueles que non lle rezasen. Como este panorama daba medo e andaban incluso as lexións a roubar e asoballar todo o mundo abandonou as villae e voltaron pros seus castros, que eran mais seguros. Nestas estaban cando viñeron os suevos, aos cales os pijos galaicoromanos non podían ver pero o resto da poboación caíulles simpáticos porque eran todos louros e altos, asi que cedo se entenderon (sobre todo cas mulleres) e os castros recuperaron pare da súa actividade mentres o Reino Suevo tentaba refacer o Imperio Romano pero sen Facenda, asi que os castros voltaron ser abandonados e desde entón só viven neles os mouros (agora seica lles chaman elfos).

Principais castros do Noroeste de GaliciaEditar

Cómo descubrir un castroEditar

Pasea a túa vista pola contorna, detectaches un outeiro coa cima chaira ou con chanzos arredor? Noraboa! Velahí tes uncastro, que aproveite!!

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Castro (poboado).

Outros artigosEditar