Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Castrexos

Algunha tribos galaicas castrexas e seu territorio.


Os castrexos foron un pobo celta que chegou a ocupar o Noroeste da Península Ibérica, controlando toda Galicia despois do pobo petroglifense e antes da chegada doa romanos e dos Suevos.

Índice

HistoriaEditar

 
Castrexos antes da invasión do Imperio Romano.
 
Castrexos despois da invasión do Imperio Romano.

Chegados aos poucos arredor do VIII A. de C. a Galicia e Portugal deron en fabricar aldeas no alto dos outeiros e rodearse de murallas pra que o veciño non lle viñera roubar os cables de cobre da conexión de ADSL. Tamén comerciaron os fenicios e celtas, ata que un barco romano seguiu a un barco fenicio e descubriu Galicia.

Seguindo esta ruta púnica viñeron os romanos, a ver si conseguían mercenarios na súa loita contra Cartago, logo vendo que os galaicos se andaban a xuntar cos Lusitanos pra botar fora ós romanos enviaron a Décimo Xunio Bruto Galaico pra que invadira Galicia, cousa que só consegiu en parte, xa que ao chegar A Guarda viu o que facían os galaicos co Sol e pegou media volta.

Asi que o Imperio Romano fartouse e enviou a Xulio César pra ver si facía algo bon alí, este deu en emitir en aberto e gratis anuncios e propaganda de deterxentes que fixo que a smulleres castrexas quixeran ser romanas a todo tren, asi que finalmente a maioría dos castrexos fixéronse colaboracionistas dos romanos e deixáronse invadir, algunhas foron mais listas e cando vían que os romanos se ían voltaban declararse independentes e seguían a roubar aos hispanorromanos de Mérida pra que non caesen na decadencia romana. finalmente Xulio césar cabreouse e bombardeou as Illas Cíes, Bergantiños e Ortigueira, invadindo toda Galicia Occidental, a Galicia Oriental sería conquistada durante as Guerras Cántabras de Octavio Augusto, co episodio do Monte Medulio.

CulturaEditar

 
Unha castrexa gabándose das súas xoias roubadas ós mouros.

RelixiónEditar

Os castrexos eran ateos, pero por si acaso rezaban de vez en cando aos seguintes deuses: Lugu, Reve, Bandua, Vestio Alonieco, Berobreo, Lares Viales, Deva, Navia, Turiaco.

ArteEditar

Destacan as súas portas decoradas con motivos xeométricos e as fiestras con celosías de pedra, no exterior colocaban grandes estatuas de guerreiros castrexos de 2 metros de alto cerca das entradas ao castro. A súa cerámica non estaba pintada pero sí estampada con motivos sexuais e alxebraicos.

EconomíaEditar

Dependían da agricultura (centeo, papoulas, plátanos, eucaliptos) da gandeiría (ovicápridos, vacas tolas, xabarís)e do que lle roubara ao veciño, organizando excursións á Meseta pra que os hispanos compartisen algo do que lles sobraba, non fora ser que muadaran nunha burbulla inmobiliaria.

Disfrace castrexoEditar

Ola ola! Que queres ir ao Arde lucus e non parecer un pailán romano imperialista e si un bravo patriota galego? Noraboa!! a continuación darémosche uns consellos pra semellare un auténtico castrexo:

  • O auténtico traxe castrexo:
    • Home:Túnica branca de pescozo en V,con motivos decorativos no peito(encadeados de sss...),saia de cadros(pero non escocesa, os cadros van en diagonal) sandalias(con ou sen grebas metálicas); a decoración persoal ven sendo un torques ao pescozo e brazaletes en ambos brazos(á altura do BRAZO, non do antebrazo que é como o levan moitos) as armas son, unha caetra, lanza puñal ou espada(de antenas offcourse). Pra rematar un sagum negro cunha fíbula.
    • Muller:Túnica branca con motivos decorativos no pescozo e no fondo,sandalias,colares, sagum negro con fíbula
  • O que non facer no teu disfrace de castrexo
    • Nada de vestir estilo espada e bruxería, a etapa histórica é a Idade do Ferro, non ningunha antigüidade mítica misturada coa Idade Media...
    • Non reutilizes teu traxe de viking nin de romano peneque.
    • Non vaias con peles de animal en plan:"Acabóo de cazar e desollar e xa me visto con ela", os galaicos tecían incluso a pel.
    • Non ir en plan jipi étnico.
    • Nada de ire todos iguais vestidos de barrosos(de cor marela claro ou escuro) os castrexos tiñan roupa de liño(que é branco) e sagum negro.
    • Non uses un saco de patacas como túnica!!!
    • Pero qué cona levas nos pés? semellas un extra de Conan!?!?!?!?!?!
    • Oia señora, porqué leva símbolos astrais no seu traxe de castrexa???
    • E ise escudo? seica eres un celta británico?
    • Porué ides todos vestidos estilo bárbaro de película holyywoodiense dos anos 50?
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Castrexo.

Véxase taménEditar