Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Carlos Núñez

Carlos Núñez é un dos mellores gaitistas do planeta Terra aló polo século XX-XXI, así como por ser un dos primeiros gaiteiro sen tocar a flauta e gaita coma se fose un guitarrista de rocknroll.

Carlos Núñez.
Karlosnunhez.jpg
Nome completo Carlos Núñez Muñoz
Alias
Naceu 16 de xullo de 1971 (48 anos)
Vigo, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Orixe
País {{{país}}}
Morreu
Ocupación (s) tocar a gaita cal rock star.
Xénero Música celta, folk
Instrumento(s) Gaita galega
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
(sexualmente)
Tempo en activo
Web

Índice

Vida e flauturenciasEditar

Carlos Núñez naceu en Covipor cando ésta se chamaba aínda Vigo a mediados do século XX; no seo dunha familia burguesa que lle deu educación músical xa que a nai quería que fose como Manolo Von Karallan e por iso o meteu no conservatorio, pero alí estaba dando clases o flautista de Hamelín, que despois resultou ser un pederasta noxento, razón pola cal os pais o sacaron e lle puxeron un mestre na casa.

Debido ós decibelios ninguén podí vivir de forma normal onda Núñez, así que éste decidiu pasarse ao folk psicodélico, con esas melodías tan suaves, cando seus pais viron que comezaba a escoitar a Pink Floyd e se deixaba guedellas enviárono a un internado a Irlanda, porque pensaban que andaba cos "porritos". En Eirín Carlos Núñez aprendeu solfeo celta, e como era de Galicia tivo moito éxito entre as mulleres, que sempre que chegaban ao orgasmo tirábanlle do pelo e así ficou calvo antes de tempo, Núñez fuxiu a Bretaña e como alí non podía chulearse das fazañas de Breogán pudio deixarse medrar o pelo e mesmo so pranchou (porque lle saia pelo polla e parecía un avogado dos Dereitos Civís) comezando a ter éxito como gaiteiro, asi que decidiuse a grabar seu primeiro disco.

Para inspirarse leu a Vicente Risco e despois tomou un caramelo deses... e compuxo o disco "A irmandade das estrelas" que o lanzou á fama e despois diso foi un non parar por todo o mundo ata que pasou o século XX e no XXI xa comezou con menos fuele, por iso de que a xente da Sociedade do espectáculo cansou das súas guedellas e da súa gaita New Age; razón pola cal fundou unha escola de gaita e así non morrer de fame, pra darlle prestixio fixo a Carlos Núñez Band e foi tocar sempre ao Luar obtendo moitos alumnos. Debido ós ataques de Galicia Bilingüe e AMI foi perdendo alumnos e fama, asi que foi por onda a deputación de Ourense e tras unha demostración de kung fu e de tras variso combates pokémon consegiu derrotar a Xosé Luis Foxo e ser o xefazo da real banda de Gaitas D´Ourense (Foxo marchou a Musulmania venderlles aos sauditas a súa revolucionaria arma a gaita marcial), entre as medidas de Núñez ao frente desta banda militar de música institucional surxida pra cantar os loores do Fraguismo, estivo a de vestilos como Manuel Murguía manda e de darlles a tocar gaitas tradicionais galegas, sacou ao portador do bastón de mando que ía á fronte e puxo unha stripper e aí gañou mais fama esta banda.

Colaboracións con outros artistasEditar

Debido a que iso de tocar a gaita e xa está non tiña mais saída que andar sacando discos con sinfonías ecuménicas galaicas decidiu nos anos 90 do século XX comezar a experimentar con outros músicos en plena efervescencia da música do mundo e que o rock estaba de capa caída trala morte de Kurt Cobain e aínda non inventaran o reggaeton (pero sí o bakalao).

Influxo na cultura popularEditar

Grazas ás súas guedellas chegou a ser unha folk star e fixéronse bandas deseñadas e filmes sobre el, e a mítica cidade que o viu nacer Covipor.

Desgalería de imaxes carlinuñesasEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Carlos Núñez.

Outros artistasEditar