Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

(Redirixido desde "Carlos I de España e V de Alemaña")

Carlos I de España e V do III Reich Católico ou Carlos I de España e V de Alemaña, tamén coñecido como o Tío Mantecas ou ademais XII de Ámsterdam foi un rei que se fixo español para poder gozar das rapazas gostosinhas da América do Sul e un famoso compositor de música clásica e cantante de rap, que elevou este xénero a arte ao vestir de Gucci na ComicCon de Betanzos durante o Renacemento.

Carlos I de Galicia, España e o Novo Mundo, Carlos V de Alemaña e demais países que aínda non existían

Sacro Emperador Romano-Xermánico; Rei dos romanos; Rei de Italia
28 de xuño de 1519 – 24 de febreiro 1558
Predecesor Maximiliano I de Habsburgo
Sucesor Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

23 de xaneiro de 1516 – 1556
Predecesor Xoana I de Castela e Fernando II de Aragón
Sucesor Filipe II de España
Coroación 26 de outubro de 1520, Aachen (título xermano), 22 de febreiro de 1530, Boloña (titulo italiano), 24 de febreiro de 1530, Boloña (título imperial)
Cónxuxe/s Sabela de Portugal
Descendencia Filipe II de España, María de Habsburgo, Xoana de Habsburgo, Xoán de Austria (ilexítimo) e Margarida de Parma (ilexítima)
Pai Filipe o Feo.
Nai Xoana a Tola.
Cita1.pngLang leve Spanje, lang leve de Koning! Lang leve de orde en de wet!Cita2.png
Lema de Carlos I no seu reinado.

Dende 2002 recibe o nome de Carlos V porque queda mais europeu pero todos sabemos que en realidade o seu nome era Carla Efusidrina López de Loca y Raimóndez von Hafstautörnblaupunkt und Bergen Belsen, aínda que como a súa nai estaba algo trastornada lle deixou o nome en Karl Marx. O seu reinado foi un remanso de paz e deus viu que era bo e levouno consigo mentres estaba diante dunha estufa.

Índice

TraxectoriaEditar

InfanciaEditar

Carlos naceu da unión de Xoana I de Castela e un estudiante Erasmus nalgún lugar de La Mancha de cuyo nombre no quiero acordarme e debido a que seus pais emigraban de reino en reino quedou en Luxemburgo criándose coa súa tía segunda pro parte de pai e prima cuarta por parte de nai, durante a súa infancia sufriu bulliying e comía moitos foskitos e era forofo do Barça pero un día enviárono a estudiar Primaria a Kakersberg e alí ficou namorado da súa mestra de historia. Ao ser descuberto metérono nun seminario e alí viu a Cthulhu que lle deu instrucións para que seguisen a sacrificar humanos no Imperio Azteca que aínda non descubriran.

MocidadeEditar

 
O Imperio europeo de Carlos V foi a máxima expresión tanto de acumulación de poder como de diseminación territorial.

Daqueles tempos a xente pasaba de neno a adulto, polo que a Carlos saíulle un queixo enrome, barba e o cu para fóra mentres lle medraban as tetas, iso creou un conflito e botárono do seminario polo que tivo que virse para España (que aínda non existía senón que era Castela e Aragón) onde se fixo bailaora de flamenco conseguindo namorar a Filipe o fermoso, o cal non sabía que era seu fillo pero é igual e tivo aventuras con el, ao ser descubertos por a raíña Xoana a tola esta voltouse tola de verdade, matou ao home e coronou a seu fillo para sacalo do mundo das artes que daquela seguían tan mal pagado como agora.

Carlos educado na corte de Borgoña colleu un alcolismo que fixo que fora invencible en todos os campos de batalla e así conseguiu expandir o Imperio Español a costa de vagos nativos americanos e avariciosos europeos norteños así como o envío de pateras de emigrantes ilegais españois a Nápoles, Tunisia e o Nepal. Durante a adolescencia descubriu que lle gustaba o porno yaoi pero o monxe confesor conseguiu que mentres pensaba en papis e señores maiores sementase en mulleres e damas da corte, unha delas conseguiu casar con ela tras prometerlle media Austria e partes de Exipto e Palestina, que Carolus I aproveitou para vender ó Imperio Británico para mercar a Playstation 3 e unha cooter para chulear no extrarradio de Valladolid.

Cando por fin a súa nai lle deixou reinar, despois do ir ao puticlú Leidis de Coristanco, fixo chamar a todos ós delegados dos seus reinos e sacarlles unha morea de impostos, cando todo descubriron que eran para financiar un exército de chulos cos que invadir Francia e Italia corrérono a gorrazos ata o porto de A Coruña, de onde fuxiu cara os Países Baixos prometéndolles ouro de Perú e corazóns de México para as súas ouijas marihuaneras e así carlos comezou varias guerras contra Francia e o Imperio Otomán.

As guerras de Carlos VEditar

 
Carlos V tendo problemas con todo o barrio europeo.

Como rei de castela e Aragón o seu primeiro mandato foi saquear Roma para así encher os seu chalet con estatuas en bolas, despois conseguiu que a súa tía lle entregase todo o Benelux, subiu A Coruña onde conseguiu que Feijóo lle dese varios montes de ouro e con todos eses cartos subiu a subornar ao rei de Inglaterra para que atacase a Francia, pero só conseguiu que o rei de Francia se aliase co Imperio Otomán e así fundaron o reino Cani de Valencia, unha efémera república de piratas tronistas que fixo que Carlos baixara á península pero cando chegou Valencia xa fora arrasada por Santiago Calatrava e o caloret. Como aínda queu quedaban sacos do ouro galego subiu a Alemaña e subornou a Otto von Bismarck para que o elexise a el como Emperador dos Alemáns, conseguindo así o título de Sacro Emperador Romano-Xermánico.

E isto desgustou moito a Martiño Lutero, quen organizou unha marcha de protesta pacífica e así creou a herexía Lutearanprotestanteanglicanametodistacuáquerapentacosteirareptiliana e a chamada Guerra dos Cen anos xusto antes de provocar tamén as chamadas Guerras de Relixión.

Mentres guerreaban por el en Italia o pailaroco Guillerme Tell ergueu ao Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive en Suíza con fillos de emigrantes galegos. Para derrotalos Carlos enviou a miles de mercenarios nazis e dende entón en Suíza falan idiomas non propios. Iso creou a súa primeira bancarrota, pero fixo traer mais ouro de América para seguir cos as súas festas e opas hostís a Francia, pero o Papa mandouno ir ás Cruzadas contra o turco Solilúa I pero Carlos perdeu medio Marrocos contra e aínda pro riba saíronlle fillos bravos polo que a Conferencia Episcopal Española decidiu casar a Carlos con Lázaro de Tormes e así grazas a este pícaro o Emperador derrotou a Fransuá en San Quintín e dende entón Francia quedou acolloada ao outro lado dos Pirineos.

Entre as guerras mais famosas que lle costaron unha tremenda caída na opinión pública da época destacan:

  • Guerra de Flandes: varios flans tentaron atacar as liñas de suministros de putas de países do leste cara Castela e Aragón(daquela aínda non existía España), Carlos xuntou a varios carpetovetónicos e durante 50 anos tentou destruir con divers cucharas aos flans.
  • Guerra dos 666 anos: guerra contra todos os protestantes, calvinistas, luteranistas, humanistas descarriados e outros piscoanalistas que surxían ao longo dos seus Estados, ao final só conseguiu tirar moreas de cartos e menos mal que Hernán Cortés e Pizarro lle traían cada mes barcos cheos de ouro.
  • Guerra das Comunidades: os comuneiros dos montes de Castela decidiron que non querían pagar o IVE e plantáronlle lume a tódolos montes comunais da península, dende entón toda a meseta central é un secarral.
  • Saco de Roma: Carlos quería decorar os seus inumerables palacios, polo que decidiu enviar centos de mercenarios calvinharrinistas ao Vaticano para roubar as miles de estatuas romanas que alí conservaban e traelas para o seu imperio, o papa non o excomulgou xa que necesitaba a súa amizade contra Francia e o Turco.

Ao ver o que provocara Carlos decidiu invertir en conquistar América, así que enviou a tódolos parados de Estremadura e Andalucía (aínda non inventaran o Pern nin o Psoe andalú) e así conquistaron ao Imperio Azteca e ao Imperio Inca e ao Imperio Argento e ao Imperio Bolivariano e ao Imperio Cacameca e ao Imperio Colombiano, etc, e etc, e etc.

AbdicaciónEditar

 
O pato de Martiño Lutero, a ameaza inocentiña.

Pero o matrimonio con Lázarillo ía mal e finalmente a Inquisición cachouno fumando crack e enviárono a colonizar Ceuta, carlos quedou só e refuxiouse no heteropatriarcado e confesouse varias veces con Martiño Lutero o que provocou os celos do Papa, quen encetou a Primeira Guerra Galáctica para afundir a este poderoso rei europeo pero a cousa saíulle mal e media Europa deixou de facerlle caso ao Papa e xurdiu o comunismo por iso. Vendo tamaño desaguiado Carlos I de Galicia decidiu abdicar no seu robot de combate Filipe II de España e loitar contra Luke Skywalker e Lutero.

Con todos os cartiños que roubou en América Carlos I de España e V de Alemaña montou a OTAN da época e atacou a tódolos europeos que non eran católicos, o malo foi que de paso atacou a tódolos musulmáns e con tanta guerra en tantas partes rematou por ser pobre e despoboar España, razón pola que tivo que comezar a traer mulatas para repoboar todo, nesas estaba cando decidiu abdicar no sue fillo Filipe II de España. E despois de facelo e de andar de rei emérito marchou a vivir nun mosteiro para que Cthulhu lle perdoase tódolos seus pecados ata que morreu mentres vía na televisión a Ana Kiro.

Producións audiovisuais nas que aparece a súa personaxeEditar

FilmesEditar

Ano Filme Director Actor
1948 Locura de amor
1953 Jeromín (filme)
2001 Juana la Loca
2003 Lutero

Series de televisiónEditar

Ano Serie Director Actor
2007 Los Tudor
2015-2016 Carlos, Rey Emperador

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico.

Outros artigosEditar

Rei de España, Rei de Nápoles e Sicilia, Rei de Sardeña, Duque de Milán, Soberano dos Países Baixos e Conde de Borgoña.

Segue a:
Xoana I de Castela
Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico
(1516-1556)

Precede a:
Filipe II de España
Casa de Austria