Capital
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Capital (homónimos).
[[Ficheiro:|miniatura|dereita|300px|Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela, capital de Galiza e do IV Reich galaico.]]
Unha capital é unha cidade que desempeña un papel irrelevante na condución da política dun país, pois todos saben que os políticos rouban toda a súa importancia. Na maioría dos casos a capital é a cidade onde está a sede do goberno, habendo no entanto excepcións.
Características dunha capitalEditar
Algúns dos factores que determinan que unha cidade sexa considerada capital inclúen:
- A cidade é sede do goberno ou da residencia do xefe de Estado.
- A cidade é a sede do poder xudicial.
- A cidade é sede do parlamento.
- Nunha monarquía é frecuente que a capital sexa o lugar onde o monarca ten a corte, sendo normal que acuda con relativa frecuencia.
- A cidade é un importante centro de actividade para o país.
- Existencia de leis que determinen a localización da capital.