Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Canouro

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Canouro
Canouro.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. V D. de C.
Padrenda, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galegaxermánica.
Ocupación Dar sustos o moi cabrón.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Elfos escuros.Cita2.png
Google sobre Canouro

Canouro é un ser mitolóxico ourensán, habitante malévolo das fragas, campos e augas que soe crear alucinacións, por iso os antropólogos pensan que é unha reminiscencia galega do deus Pan, o que crea o pánico.

Soe facer trangaladas tipo poltergeist na scasas facendo ruídos movendo cousas, soe tamén aparecer en forma de trasgo que pra botalo fora se soen cantar cancións/feitizos:

Conxuro pra escorrentar ao canouro e outros pantasmas asustanenosEditar

Salvada por Manuel Murguía do esquecemento da historia a partir dunha cantiga recollida na provincia ourensá por Quereizaeta.

Noitébregas tristes,

curuxas raxadas,

famentos garduños,

morcegos, lagartos,

quiobras verdosas,

pezoñosos sapos,

agoiros de noite


Miotos raubiados

que sempre en compaña

de mouchos e trasnos

andades ruxíndo

enriba da trabe

envoltos cos mortos

de longos lugares.


De parte de Pedro

de parte de Paulo

en nome de aquel

que veu a salvarnos.

 
Por esta cruciña

que cos dedos fago

vos digo marchedes

e que non volvades

que o neno que eu teño

está bautizado

e non o levades

por mais que o fagades.