Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Cambados

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cambados (homónimos).
Cambados
Bandeira de Cambados Escudo de Cambados
Cambadosfriqui.jpg
Rituais nas ruínas de Cambados.
Situación
Situacion Cambados.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca do Salnés.
Poboación hab. (2020)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello Pazo de fefiñáns
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2020, ou non.

Cambados é un concello da Galicia occidental turística, moi famoso por ser o porto onde primeiro se comezou a adorar ao Demo.

Índice

HistoriaEditar

Cambados foi fundado polos castrexos pra comerciar co mundo enteiro, primeiro con Irlanda e Inglaterra trala crise económica do 398 A. C. mudaron e puxéronse a comerciar cos fenicios, todo isto veuse abaixo durante a Guerra Fría entre Cartago e Roma e logo aínda mais abaixo coa invasión do Imperio Romano, que fixo da zona unha explotación de salinas pras conserveiras romanas.

Esta colonización veuse liberada coa chegada dos suevos que militarizaron a zona con silos de misiles intercontinentais contra os Visigordos e Bizancio, nesta época pertenceu a Tui e foi porto de piratas galegos que aproveitaban as rutas castrexas pra depredar por Europa pero debido a que entre lordomani e moros eran mais brutos a poboación emigrou cara Vilariño e Oubiña.

 
Os do pazo de Fefiñáns eran donos do lugar.

Debido a que ninguén dos condes e mosteiros quería esta vila ao final quedou pro rei, ata que Diego Xelmírez expandiu poderío de Compostela e tras lamberlle o ao rei conseguiu ser dono desta vila, seus sucesores no cargo encomendáronlla á Orde dos templarios e seus sucesores á Casa de Soutomaior, que a mantivo no seu poder durante 300 anos (co paréntese liberador dos irmandiños) e debido ós ataques dos piratas conseguiron darlle moita peniña aos reis de Castela e así non os secuestrasen pra Armada Real española, aínda que segiu sufrindo ataques piratas ata o XVIII e logo deles na Guerra de sucesión, na Guerra de Independencia española, na Guerra Civil española, na Guerra Desgaliwiki, etc.

Seu turisto veuse afectado polo cambio climático, primeiro as augas quentáronse e iso fixo do lugar unha zona subtropical e atrouxo a miles de turistas buscadores de praias virxes (non coma as do Levante) e natureza salvaxe; mais o quentamento global tamén trouxo ó tiburón branco (cousa que non se soubo ata fai pouco debido á política economicista sobre segeuridade, en plan Amity de Haws).

XeografíaEditar

ClimaEditar

Clima atlántico tropical (estilo Missisipi pero sen cancadrilos)

ParroquiasEditar

Lugares interesantes de CambadosEditar

 
Malotes do lugar con Ramón Cabanillas.

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cambados vexa: Lugares de Cambados.

  • Torre de San Sadurniño: torre construida por Dagon en canto saiu das profundidades malévolas e abismais.
  • Ruínas da igrexa de Sta Mariña: esquelete dun templo gótico onde os vampiros bebían sangue de cordeiro de Deus.
  • Parador nacional de Turismo Bazán: pazo onde practicar ouija pra saber en qué cona pensaban os fidalgos.
  • Pazo de Fefiñáns: onde cada 13 de xullo desfilan as tropas da Gestapo.
  • Museo de Ramón Cabanillas: onde foi Xoán Pardo buscar permiso pra cantar suas cancións nacionalistas galegas (anda que si o pilla Aznar...)
  • Zaos: discoteca onde ir adorar ao demo co cubata na man e perreando cunha pendanga ao lado.

Véxase taménEditar