Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Brites de Almeida

Bandeira de Portugal.png Este artigo contén humor de Portugal
Este artigo é portugués, gajo! e o seu creador come cacetinho cum bacallau e viño do Porto na xanta,
gustalle competir inutilidades con España e ten un bigote. Se não és desta terra, aparecerá un fadista no teu ecrã
que che indicará que tes que cantar fado e comer bacallau para comprender este artigo ou estarás irritado contigo, gajo!


Brites de Almeida
Brites.jpg
Información
Nacemento Na Idade Media.
Padrenda Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Emigrante en Portugal onde tivo tolas aventuras.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: María PitaCita2.png
Google sobre Brites de Almeida

Brites de Almeida, mais conhecida como a putana de Aljubarrota, foi unha gramde heroína do Portugal (Galicia do Sur) ao defender o seu país contra dos casteláns que lle querían roubar o pan pra despois meterllo pelo cú ao rei de Portugal por separatista.

HistoriaEditar

Nascida en Faro (Padrenda, Ourense) filla de labregos miserentos, dese que andan ao jornal, foi formada nas artes marciaes pelo Shu Minhatto (un veciño seu que andaba en tratos cos mouros dos castros) ademias de ensinarlle a usar as súas armas de muller (ou como matar homes usando as artes da cociña).

Mais a garota seguiu a medrar, e tan bonitiña que era de crianza mudou por mor das hormonas nunha mulher osuda (con bigode offcourse) e con muita forza; isato abriulle o mundo do vicio e fíxose puta en Santiago de Compostela onde levou a cabo moitas fantasías dos cregos alí sempre congregados con fantasías BDSM. Debido a ess oficio foi expulsada da súa familia, mais ela reagiu e fíxose lesbiana co fin de casar cunha mulher e logo ter unha criança.

Cos cartos conseguidos e unha coellinha reintegrata da USC emigraron cara Galicia do Sur, mais trabucou o caminho e foron dar á Galicia profunda, onde o anticlericalismo da reintegrata foi moi mal visto e a queimaron nunha fogueira co excusa de ser unha meiga cando a denunciaron á Inquisición española. Brites fujiu cara o sur, e co pouco que tiña foi de alde en aldea vendendo o que tiña e no camiño aprovisionábase a base de coaacionar (vía espada) aos comerciantes, cregos e funcionarios que pasaban, así xuntou uns cartiños e mercou unha carreta que ela mesma arrastraba pelas aldeias vendendo a roupa das súas víctimas e trafegando con adobíos e sal. mais quixo Deus (esse cabronazo) que un parente dun xuíz feudal recoñecese a túnica do seu parente que Brites atracara uns días antes e que estaba vendendo, foi presa por varios corchetes mais ela deulles unha patada nos collóns e liscou cara a costa, alí meteuse de polizón nun barco.

Mais o barco soltou amarras e resultou ser un barco pirata dos moros, ao ser descuberta matou a varios mariñeiros asi que foi condeada a facer o traballo de tres mariñeiros á vez; aos seus finos ollos de mulher sucedéronse abordagems de barcos, asasinatos das súas tripulacións e violacións do capitán (claro está Brites participaba activamente) e fóiselle queimando a pouca alma de cristiá que tiña. Mais un día naufragaron nas costas de Alcobaça,ela reagiu fortemente antes que tódolos piratas berberiscos e fuxiu cara a aldea mais prósima, alí deu a voz de alarma de que viñan os moros e correron a matalos, brites foi condecorada e nas festas que fixeron despois por saír a poboación con tanto ben un velho arrimoulle a cebolleta e ela deulle tanto pracer que ao día seguinte casaron.

Mais o homen era velho e ela pediu unha dote ben alta, grazas á cal abriu unha panadería (sen ter nin puta idea de fornear pan) e tras varios meses de convivencia en que tivo que sufrir a pitopausia do seu home (que daquela xa se recompuxera da borracheira e vira o cardo co que casara) deulle tal malleira que rematou por finar o mesmo día que que se estaba a producir nas inmediacións a batalha de Aljubarrota.

Trala derrota dos castellanos os guerreiros casteláns correron a agocharse en calisquera lugar, e algúns foron meterse dentro do forno e outros no obrador, Brites viuno todo e proveitando que non lle apetecía moito ir ao monte por leña pro forno nin soterrar seu defunto marido, meteu dentro do forno unha fornada boa de pan ao mesmo tempo que introducía o cadáver ardendo do seu home dentro e así cociñouse o seu home morto por ela xunto con varios inimigos da pátria. Por iso d ematar o tempo colheu ao guerreiro que se agochara no obradoiro e violouno ferozmente debaixo do mostrador repetidas veces, despois tamén o meteu dentro do forno.

Estando metendo dentro do forno ao castelhano acertou a psara por alí seus vecinhos e varios soldados portugueses e mercenarios gaelgos que viron como metía ao invasor no forno e a nomearon filla predilecta de Aljubarrota con dereito a estatua de bronce na rotonda de entrada á vila así como unha pensión vitalicia concedida por El-Rei(esta pensión causou no futuro un déficit que fixo que o rei de Portugal enviase xente a descubrir novas terras que invadir e así sacar delas mais cartos pra sanear súa economía).


  Brites de Almeida xa morreu!!!
Este artigo fala sobre un personaxe que acaba de atoparse coa Santa Compaña,
se non desexas acabar igual a el basta enviar os seus pésames en diñeiro.

Clique aqui pra ver quem te espera no inferno!


Brites de almeida, a padieira de Aljubarrota morreu en cheiro de santidade patriótica na sexta feira do mes de Xulho de 1406.