Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Bormánico

Bormánico
Bormanico.jpg
Bormánico creando un balneario pro seu mozo.
Título:
Nado: Na Idade do Ferro.
Lugar de nacemento: Caldas de Vizela, Bandeira de Portugal.png Portugal
Festividade:
Venerado en:
Atributos: Construir Balnearios e tragar moedas que a xente lanza ás fontes e pozos.
Patrón de:


Cita1.pngQuizais quixo dicir: HadesCita2.png
Google sobre Bormánico

Cita1.pngBormánico en Gallaecia? a ver unha ara súa... hahah! non a hai ehh??Cita2.png
Francisco Calo Lourido sobre Bormánico antes de ser tragado por un geiser

Bormánico foi un deus dos castrexos (galaicos e lusitanos).

MitoEditar

Bormánico naceu da unión sexual a carnal do lume coa auga durante o caos primixenio. Trala batalla de Xurenzás obtivo o dominio e control das augas termais,para iso viazou por toda a Galaecia fundando balnearios (Caldas de Reis, Mondariz, Cortegada de Baños, Caldelas de Tui, Caldas de Cuntis, Baños de Bande, etc.

Os balneario servían como clínica e hospitais, debido as augas curativas (que curaban o cancro, por iso antes todos morrían de vellos) comezou a ser moi popular e ter moitos cartos, xa que as ofrendas eran monetarias, facendo que o deus fose un morto de fame (xa que non lle facían ofrendas de alimentos) e rico á vez.

Esta riqueza fixo que fora atacado polo deus Cosso, mais Bormánico abriu baixo seus pés un pozo e o soterrou alí durante séculos ata que Lugh e Bandua lle foron suplicar que o deixara libre. Bormánico aceptou a cambio de que Cosso xurase sobre O Ciprianillo de que non voltaría tentar roubarlle nada e a cambio lle fixera unhas canta sobras públicas de canalización de augas nos Baños do Río Caldo (alá no cú de Ourense).

Séculos depois e debido a que administración de Bormánico se endebidara cunhas obras en Caldas de Vizella (Galicia do Sur) tivo que facer concurso de acreedores, as accións ivan en caída libre e xa o Imperio Romano e Cartago lle facían chiscadelas de oxete cando os deuses Coventina e Edovio lle mercaron varios paquetes de stockaktioncs e lle salvaron o cú dos mediterráneos. Así os balnearios estiveron foron sagrados debido á presenza destes deuses nas súas augas (non vaias pensar que as augas curaban por sí soas non?)

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Bormánico.

Outros deusesEditar