Bodan
Bodan ou Bodán, deus dos suevos, famoso por andar dun lado pra outro nas guerras con dous corvos nos ombreiros e ser patrón dos soldados.
Bodan | |
---|---|
![]() | |
Información | |
Nacemento | Na Antigúidade. Selva negra ![]() |
Nacionalidade | xermánica |
Ocupación | Deus suevo. |
MitoEditar
Como Bodan naceu dun matrimonio mixto (un deus e unha xiganta) recibiu moitas collejas no instituto, así como mobbing no colexio onde lle chamaban preto, non ario e outras lindezas, ó chegar á adolescencia quixo deixar os estudos e pra demostrarlle ós seus pais que ía en serio colleuse unha borracheira tremenda con hidromel no Lughnasad e foise abuscar a vida polo Igdrassil adiante (bueno, arriba e abaixo).
Un día chegou ás raíces do Yggdrasil, onde un xigante vixiaba as fontes da sabiduría, aquí a mitoloxía di que Bodan (Galegosuevo), Wotan (alemán) ou Odín (inglés) entregoulle un ollo a cambio da sabiduría ó xigante, cando en realida o que os eddas o que queren decir é que le deixou facer ó xigante o que quixo co seu cu (en visigótico chamado ojete). Dende aquela ficou con él tan aberto que un día pariu por ahí un cabalo, pero un cabalo de oito patas e sen pene.
Bodan seguiu bagando arriba e abaixo do Iggdrasil, cando estivo entre os humanos éste o convenceron pra que aceptase un posto de funerario, xa que ninguén quería enterrar ós mortos (porque son feos e feden moito, sobre todo tras telos en casa varios días co gallo das celebacións mortuorias suevas) e víronlle que Bodan tiña pinta de pervertido (como todos os deuses), Bodan puido vivir feliz entre os humanos montando unha empresa funeraria (dos mortos facía encargarse ós enanos que fixeran o traballo suxo, como Papá Noel), ata que un día alguén inventou o comunismo e os xermanos deixaron de matarse entre sí e vivían nunha feliz sociedade soviética e ninguén morría nin de vello nin pola espada, mais iso Bodan non o podía permitir, un réxime ateo e por riba non producía mortos! tiña que facer algo se quería seguir co seu nivel de vida.
Asi que organizou un corpo de mercenarios, os Berserker, e comezou a cometer crimes contra a humanidade (matanzas, guerras, batallas, asedios, emboscadas, saqueos, etc) así tamén se converteu no deus da guerra e que levaba ós mortos ó alén, como ao principio moita xente era renuente a ir á guerra creou un destacamento de recolectoras de almas de guerreiros, as Valkirias, e como estaban todas cachondas apuntáronse moitas mais persoas á guerra. Con todo o capital acumulado Bodan puido subir a Asgard e casar coa filla vinculeira do pazo de alí, coa deusa Frigg (ou Freia pra outros) e foron vivir prunha casa ultramoderna (ideada por Lloyd Wright) desde a que podía ver todos os universos, o Hliðskjálf o trono de Bodan.
Xunto á sñua muller foi moi feliz e tiveron moitos fillos (Thor, Baldr, Loki, Fricco) con motivo da cristianización mudou o seu nome polo de San Cristovo, e no Ragnarök é un dos rock star con mais fans berrantes e por iso Deus sempre tenta publicar ns súas revistas (rolling Stone, Playboy, Atalaya, L'Òbservatore romano) que é un salvaxe, bárbaro e que debería ser preso pola policía, que incluso ten vínculos con Al Quaeda, ETA e Galicia Bilingüe.