Betanzos

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Betanzos (homónimos).
Betanzos
Escudo de Betanzos
GloboBetanzos.jpg
O Globo betanceiro tamén serve pro Bondage.
Situación
Situacion Betanzos.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Betanzos.
Poboación hab. (2021)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Meu tío.. (PPdeG)
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2021, ou non.

Betanzos é unha cidade semicosteira, foi capital de provincia pero ao final rouboulla Acruña, no século XXconvertiuse na capital do rock góticos galego.

Foi erguida á posición de capital trala invasión de toallas portuguesas lisérxicas e foi capital de distrito da rexión Alenminho.

Historia

Prehistoria e Idade Antiga

 
Betanzos durante a guerra de Independencia contra a URSS.

Betanzos foi fundado por Breogán como base loxística e de enlace do Golfo Ártabro, tendo toido centralizado aquí expandiu seu imperio ata Irlanda e comerciou con Bretaña e Cartago mais debido á malicia de A Coruña (chamando polos piratas co seu faro e logo incendiado Betanzos no XVII) esta cidade fracasou e quedou en vila.

Durante o Imperio Romano Betanzos estivo onde hoxe é Betanzos vello pero debido ós ataques de piratas e a chegada de profundos e Cthulhu a esta beira, os garelos decidiron, en asemblea de indignados, mover todo o pobo pro vello castro de onde os romanos os obrigaran a irse antes e así pudiéronse defender dos chingóns profundos que querían violinar a súas mulleres sen pagar antes.

Idade Media da Guerra Irmandiña ao Incendio de 1616

 
Betanzos o día do nacemento do Anticristo en 1616.

Na Idade Media convertiuse na capital revolucionaria ao seren de aquí os xefes irmandiños, que liberaron a toda Galicia de caciques feudais, pero voltaron de novo e trouxéronse canda sí aos Reis Católicos, que castraron a Galicia e nos seguintes séculos non voltou erguer cabeza e ficou soa e atrasada, razón pola cal foi elexida polo Demo par facer nacer aquí o Anticristo en 1616 (Sí! o número da besta é 616 e non 666) que provocou un enorme incendio que arrasou a cidade convertíndoa en vila.

Decadencia

 
Betanzos no día que Francthulhu invadiu estas terriñas.

Durante a Idade Contemporánea Betanzos salvouse da destrución grazas ao exército de Napoleón Bonaparte porque os ingleses lle prenderan lume ao seren perseguidos polo gabacho. Aínda por riba o andazo destruiu enormes plantacións de marihuana e cocaína coas que comerciaban caendo mais na pobreza, ata que Madrid lles sacou a capitalidade provincial pero de paso fixo pasar por aquí o tren(como medida demagóxica e así non protestasen) para levarse man de obra á capital ibérica mentres Franco puña no barrio da Magdalena un campo de concentración.

Gadis montou aquí seu emporio e comezou as guerras comerciais (contra Froiz e Eroski) conseguiondo non ser acurralada na Galicia do Norte, convertíndose nun potencial enemigo de Lisboa ao expandirse a Galicia do Sur grazas á axuda do soviet local Lagares Pérez.

Xeografía

Betanzos atópase no final da Ría de Betanzos onde conflúen dous ríos provintes do Paraíso terral. Limita co Océano Tenebroso e Bergordo, a nacente con Coirós e Putetxe, a poñente con Abegordo e Ozaces. Está atravesado polos ríos Manugly, Medo e Mexo.

Clima

Clima tropical grazas ao cambio climático, en breves terá costa grazas á subida do nivel do mar grazas aos baños de mar de Dagon.

Flora e fauna

 
xardín onde vai a mocidade convertirse ao Islam para loitar contra o Imperio Gringo tontamente.

Debido ó calor do Norte, a humidade proporcionada polo río Mandeo e a Ría de Betanzos, a flora é exuberante e entre a funa podemos contar con triceratops, cancadrilo, boas xigantes, etc.

Cultura

Que ir a ver

  • Caneiros: Botellón acuático para ver si suben os xacios e sereas a botar un polvo enriba do Titanic.
  • Igrexas góticas: onde podes ir ver a Bauhaus, The Cure, Lacrimosa, Marylin Manson, Evanescence, Zicatrices...
  • Muralla medieval: feita polos Lannister para agochar seus tesouros.
  • Pazo de Alonso de Lanzós.
  • Parque do pasatempo: xardín-templo masónico.
  • Museo das mariñas: que contén entre outras, o sartego de Xesús de Nazareth.
  • Festas de san Roque: onde os garelos tentan fuxir desta vila nun globo de papel, sempre fracasan pero son como os lemmings sucicidas.
  • Feira Franca: outra copia da festa da istoria de Ribadavia.
  • Festa dos Alborotados: Romaría onde se van curar os enfermos mentais e psicosomáticos.

Betanceiros famosos

 
Unha garela na Guerra Peninsular, o nome de Garela vén do suevo "garalo", o cabalo semental.
  • Marilyn Monroe.
  • Bernardo Miño Abelenda: labrego socialista (que raro!) debido a iso mesmo seus veciños feixistas o asasinaron, para manter a lóxica interna da súa épica vergonzosa.
  • Santo Toribio de Liébana: este naceu aquí pero cedo fuxiu a Israel, de onde se trouxo os pañais de Ciberxesús cos cales fundou un santuario e gañou moitos cartos de inxenuos.
  • O Mariscal Pardo de Cela.
  • Xoán de Betanzos: machote betanceiro que casou cunha princesa inca e aprendeu o quechua para que non morrera.
  • Antolín Faraldo
  • Antonio Cal: foi mozo de Louis Armstrong.
  • Anxel Casal: produtor mánager dos da Xeración Nós.
  • Aleister Crowley.
  • Irmáns García Naveira: emigrantes que voltaron á terriña e s epreocuparon dela (non como os de agora que cando voltan só se construen un chalé).
  • Dolores Vázquez: foi metida no cárcere por ser lesbiana e galega no século XXI!!!!
  • María Faraldo: saboteadora do Bipartito galego (tentou deter ós bombeiros, contra o lumes de 2006), non ten NADA que ver co Antolín Faraldo eh!

Véxase tamén

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Betanzos.

Outros artigos

V  C  E h
  Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Betanzos
Betanzos | Brabío (San Martiño) | Piadela (Santo Estevo) | Pontellas (Santa María) | Requián (Santiago) | San Pedro das Viñas (San Pedro) | Tiobre (San Martiño)