Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Berta Dávila

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Berta Dávila
Bertadavila.jpg
Información
Nacemento A finais dos 80.
Santiago de Compostela Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Escribir sobre croios de río.

Berta Dávila Fernández ou coñecida mundialmente como Berta Dávila é unha muller que escribe literatura en lingua galega.

Índice

BiografíaEditar

 
Berta facendo escrita, automática offcourse!.

Berta naceu da unión dun home cunha muller aló a finais do século XX (as crónicas son incertas) en Compostela (un barrio populoso de Coruvigo), non se sabe porqué estudou pola rama de letras (súa irmá di que foi porque sabía demasiado de física e non quería rematar como Robert Oppenheimer chorando por ser o pai da bomba atómica), estudando no IES Archbishop Diego Xelmírez coñeceu a varios padawans reintegratas que a tentaron captar, pero debido ós eu estilo de divulgación (visitas domiciliarias estilo Testemuñas de Xeová) non a conseguiron pra súa seita.

Logo tentou ser captada por Adrián Brandán tendo o mesmo éxito cos anteriores, xa que a nosa protagonista gorentaba mais de escoitar a Silvio Rodríguez Berlusconi mentres estudaba Historia do Mundo. O malo é que sendo adolescente non ía de botellón, razón polo cal caeu na melancholischesarbeitpoetisches que a fixo escribir sen parar en tódalas parades da súa casa (boeno, de seus aitas) centos, miles de tetrasílabos e coplas adicadas á fenda... si ése tipo de fenda emocional que sofre cada ser humano cando recibe demasiadas hormonas drojas. En qué caste de fenda estabas pensando animaliño!!???

Obras de Berta DávilaEditar

PoesíaEditar

  • Corpo baleiro: onde fala de sí mesma e o tamaño do marrón que supón ser adolescente na sociedade do espectáculoe non ser unha 90-60-90 e así poder eternizar a súa propia cadea de ADN no baleiro cósmico derrotado de bandeiras soterradas en buracos de gusano.
  • Dentro: aproveitando o baleiro do corpo meteuse dentro tentando atoparse, desafortunadamente non tiña canda ela a Walter Bishop e perdeuse unha tempada polo subconsciente adentro.
  • Raíz da fenda: poesía clitoriniana de base goliardesca onde canta á apoteose néurica do mar de fondo.

NarrativaEditar

 
Aquí sigue escribindo cos ollos pechados! Que crack!.
  • Bailarei sobre a túa tumba: eu tamén o farei... pero como ofrenda neopagá seguindo un vello costume dos galaicos pra congraciarme co teu espírito mentres escuto a Siniestro Total.
  • A arte do fracaso: Tivo tantao éxito que xa foi editado ao castelán e xaponés. Seiva vai dun crego que farto de ver pratos combinados na TVG vira tolo e ponse a perseguir un canon occidental ó que chama "cuñado". Nembargantes teóricos da conspiración afirman que se trata dun libro de relatosonde Alvaro Escolante denigra a Isabel por non saber ser fracasada existosa nun baile de máscaras típico da sociedade do espectáculo.
  • O derradeiro libro de Emma Olsen: relato que relata épicas aventuras norueguesas (pero sin lordomanis) a bordo dun libro feito coas unllas dos mortos que axudaron a parara a bomba atómica nazi.
  • O interior dun baleiro: novela costumista sobre un home que coñece unha muller, os sentimentos que abrollan, o sadomasoquismo do que gozan poñéndose a mal, unha historia de amor atípica, peron non estilo Cincuenta sombras de Grey.

Obras colectivasEditar

  • No ocaso dos poemas: onde se expraia sobre vivencias deficitarias de fraternidade emocional típicas do volkgeist deste noroeste.
  • Ningunha primavera mais sen flores: aquí vemos a súa vea erótico-festiva a falar sobre a forma teolóxica do cu e apresenza de deus no himen das bolboretas murchas.
  • Poetízate:Onde colle folgos e atravesa a cuarta parede, así en plan Deadpool, e incluso chega a entrar na Cova Céltica!!
  • A cidade na poesía galega vinteuñeira: aquí fala de iso, de como é unha cidade, que se fai na cidaade(cousas de cultureta vamos), que si non hai hortas, sachos e fragas a quen cantarlle pero sí canalóns cheos de follas novas.
  • Sete de Biblos: poemas épicos onde sae Melkart facendo das súas!!!
  • Versos no Olimpo: segunda parte onde Melkart e seus sete amiguiños herois fenicios ruben ó monte Olimpo (trasunto do Monte Gaiás) e lel tiran das orellas ós desuses gregos por roubarlles a mitoloxía siriofenicia aló polo século XXX A. de C.(omer).
  • Kompunchea: onde fai videoarte sobre a sensibilidade nihilista dos galegos.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Berta Dávila.