Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Bergantiños

NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bergantiños (homónimos).
Bergantiños
Situación
300px
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Bergantiños.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 0 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.
Cita1.pngQue qué onde está Bergantiños? Ao lado de Macondo MUAHAHAHAH!!Cita2.png
Gabriel García Márquez sobre Bergantiños.
Cita1.pngA súa situación será revelada polos Ganimedianos.Cita2.png
Michel Desmarquet sobre Bergantiños.
Cita1.pngSeguro que se atopa na smesmas coordenadas que Mu!!!.Cita2.png
James Churchward sobre Bergantiños.
Cita1.pngDebeu ser destruída por Xenu!!.Cita2.png
L. Ron Hubbard sobre Bergantiños.
Cita1.pngDebe estar cerca de Lemuria, fijo vamos!.Cita2.png
H. P. Lovecraft sobre Bergantiños.

Bergantiños é unha misteriosa cidade mitolóxica da Galicia superficial, fundada polos nazis nalgún lugar entre Carballo, Malpica de Bergantiños e Valverde (fontes desacreditadas afirman que se atopa nas Quimbanbas).

Téñense atopado peneques que comentan que estiveron alí, pero en canto perdeno cheiro a alcol xa non saben que estrada coller, polo que moitos supoñen que s etrata dunha comarca chea de ouro e putas así como o millor restaurán onde comer un churrasco ao dente regado con LK made in Haus.

Enviáronse varias expedicións por parte de Maxento I de Bourbon para dar con este lugar e sumalo ao seu reino antes de que o atopen os do BNG.

Índice

HistoriaEditar

 
Supoñíase que este mapa indicaba a localización exacta de Bergantiños pero Miro Pereira usouno como cinseiro.

A historia de Bergantiños remóntase ao reinado de Breogán, prestixioso gobernante celta que por culpa da Queimada se voltara un pouco vagoneta, razón pola cal aproveitábanse dos romanos para roubarlle o ouro na súa chepa debido a esta situación deshonrosa seu fillo Mil decidiu rematar con esta deshonrosa costume poñendo barricadas ardentes nas autovías de acceso a Galicia e repintando os mapas do mundo poñendo a Galitzia en Polonia e así os romanos perderon o camiño á súa colonia galiciana, desde entón non se sabe onde cae Bergantiños.

Expedicións de busca e capturaEditar

Os Reis Católicos tentaron atopalo para ir castralo (igual que fixeron co resto de Jalisia) polo que contrataron a Cristovo Colón para dar con el, mais mareou a agulla de marear e foi para ao triángulo das bermudas.

O rei Cerolo I de España e V de Prusia enviou á súa vez a Fernão de Magalhães a que atopase dunha puta vez esa bisbarra xa que lle facían falla canto antes uns centos de homes para engrosar as filas do seu exército para degolar hugonotes pero o que conseguiu foi que Don Sebastião se perdese nalgún burato interdimensional, polo que Filipe II aproveitou e roubou o trono de Portugal, polo demais este rei non se preocupou por dar con Bergantiños.

A infanta Dona Estela Gartija de Feijóo Alba e Borbón foi a que mais cerca estivo de atopalo un día que indo rezando o rosario no pazo familiar de Cabana de Bergantiños bateu cun sátiro bisexual que con xogo de mans lle invitaba a seguilo cara unha tupida florestra, pero ao ser rexeitado pola dona cun "Ai jasús!!!" o ente desapereceu.

EconomíaEditar

Obviamente a economía deste lugar básase nas subvencións do resto de Europa (que mete cartos a eito aquí para ver si deixa de ser pobre, pero nin por esas).

TurismoEditar

Bergantiños vive do turismo que se achega á Costa da Morte para pasar a vida de ultratumba nos campos de Reve. A pesar dos pesares ten museo propio!!

Bergantiños na cultura popularEditar

  • Na película Die Spinnen, 1. Teil: Der Goldene See de Fritz Lang (a quen Steven Spielberg lle copiou a persoaxe de Indiana Jones) o heroe ten que ir ao concello de Bergantiños facela declaración da renta se non quere que lle boten enriba á Garda civil.
  • No libro A rosa de Bergantiños de Xosé Carlos Caneiro a heroína é inxectada en vea cara un universo alternativo no que Manuel Fraga independizou a Galiza mediante unha república socialistademocráticopopular pero ao ver un capítulo de Padre Casares é devolta á realidade deste universo onde o autor mesmo se pasou ao PP tras estar na UPG.
  • No filme Indiana Jones e o último cruzado o arqueólogo avanza polas selvas de fentos de Laxe de onde roubou o diario de Ana Frank Hitler para levala aos Estados Unidos Profundo e demostrar que os nazis son cristiáns malévolos pero roubánlla uns axentes da Kominrel e aproveitando un maa que cachou do diario vaise a Pedrafita do Cebreiro buscalo Santo Graal.
  • Os xebis Astaroth sacaron o último disco un tema chamado "corvos de Bergantiños", patra así poder saír neste artigo.
  • Na novela Pirata os protagonistas pasan por diante do porto de bergantiños onde os indíxenas galegos montan fachos nos cantís para facer naufragar os barcos e así roubarlles o que levan.
  • Todas bruxas de Bergantiños xúntanse unha vez ao mes no círculo lítico de Monte Neme tal e como se sabe a través dun lendario xogo de rol.