Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Benito Vicetto

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Benito Vicetto
Benitovicetto.jpg
Información
Nacemento 24 de maio de 1824
Ferrol Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 28 de maio de 1878
Ferrol, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Facer boa propaganda sob galiza.

Benito Vicetto Pérez, nado en Ferrol, foi un funcionario burgués e historiador patrioteiro galego do século XIX.

BiografíaEditar

Nado nunha familia burguesa en Ferrol, seu pai era un mariñeiro italiano e súa nai de illa de Arousa. Educado nos valores cristiáns do nacionalismo romántico alistouse no exército español, pero deixouno porque viu que eran uns imperialistas e logo ocupou varios postos de funcionario vendo que os galegos e Galicia estaban moi mal vistos en todas partes e que a naçom estaba abaixada antes os reis de Castela (AkA Madrid) decidiu levatarlle a moral e sen saber nada ou pouco da historia de Galicia púxose a escribila.

Na súa historia de Galicia o país era un lugar do paraíso no que os ríos levaban auga e mel pero como os mil ríos de Galicia eran moitos decidiu tamén enchelos con Ribeiro, Albariño, Godello, Condado, Barrantés, Licor de café, augardente e Estrella Galicia. A xente que habitaba este paríso descendía de Brigo, un sabio heroe que encheu isto de galegos e lles puxo como líderes a Gall e Celt, dos que naceron os castrexos.


Unha vez rematada a súa gran obra(que ía desde a prehistoria ata a ditadura de Sabela II) púxose a escribir novelas de tema galego en castelán(a primeira novela foi en 1870) e gañouse o apodo de Walter Scott galego xa que sempre aparecía a Idade Media.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Benito Vicetto.

Outros artigosEditar