Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Beatriz Manjón

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Beatriz Manjón
BeaManjon.jpg
Ao JLO en pleno Fraguismo.
Información
Nacemento 7 de marzo de 1976
Ferrol, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación actriz, telexornalista.

Beatriz Manjón é unha artista da TV. Muller do Renacemento, que tanto presenta un telexornal frivolesco como fai un talk show ou escribe un libro (con unha cita literaria ao final de cada capítulo).

Vida e exhibiciónsEditar

Nacida en Ferrol del Caciquillo na era Reagan destacou a partires da adolescencia gracias á suas artes ollívoras, logo estudou xornalismo na USC, onde foi captada pola Stassi, informando sobre defeccionistas durante o Fraguismo grazas a seus descuidos teteiros conseguiu meterse na TVG presentando varios programas de varietés e trunfando en entrevistas con grandes como a nai do Luisma, Karina Falagan, Xesús Palmou, etc

No Bipartito galego debido a que non daba unha imaxe progre (tanto ensinar escote e viva la virgen na TV é capitalismo decadente por Lenin!) emigrou a Cataluña e mesmo Andalucía, presentando, ou ensinando o body que Deus Pai lle deu en programas onde a xente ía ensinar seus trapos suxos a cambio de aparecer ó lado das tetas da presentadora, conseguindo ter así un clube de fans.

Voltou a principios do Feijóoismo á Telegaita, como presentadora de programas de sobremesa, entre soneca e soneca do persoal aproveitou para escribir un libro"héroes de polvo" (de tanto frecuentar culturetas televitarras en La Voz de Galicia, pegóuselle a teima novelesca) e escribe unha columna de desopinión en La Coz de Jalisia.

Desgalería de imaxes quentesEditar