Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Bandeira de Galicia

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Modelo:Bandeira

Bandeira civil de Galicia giphy-01.gif

A Bandeira de Galicia é o estandarte simbólico do autogoberno de Galicia, foi inventada (como todas as demais do mundo) seguindo os códigos do deseño gráfico un día de troula entre Vicente Risco, Diego Xelmírez e Manuel Curros Enríquez un día facendoa ouija.

A Bandeira só ten dúas cores, branco nuclear e azul prúsico mar océana, polo que debido á néboa persistente dalgúns lugares da Galicia profunda en inverno o inimigo semprea trabucaba coa bandeira da rendición e por iso sempre perdeu tódalas guerras de conquista de Galiza, polo que desde entón sempre nos atacan en verán.

Índice

HistoriaEditar

 
Evolución natural da bandeira e Escudo de Galicia.

Como non se podía copiar sen máis o Escudo de Galicia, decidiron seguir as teorías celtistas de Manuel Murguía e adoptouse un emblema semellante ao de Escocia (única nación celta nunca romanizada) pero nun ton distinto de azul e sen a X, cun só brazo, porque os galegos somos tan chulos que nos basta cun só brazo para derrotar a tódolos imperios muahahah!!!

Antigo estandarte realEditar

O antigo estandarte real de Galicia era un triskel sobre campo branco circular arrodeado sobre un campo vermello, éste despareceu coa conquista do Imperio Romano e masacre dos Galaicos, coa entrada na Idade Media o estandarte foi o do Reino Suevo, un dragón verde rampante enfrontadoa un león vermello rampante sobre campo de ouro. ëtes foi roubado polos visigordos, coa fundación de Al-Ándalus os terratenentes galegos e os poucos labregos libres decidiron comezar unha campaña bélica polos pastos en toda a Península Ibérica e así de paso deixaban de pagar impostos aos españois musulmáns mesetarios, debuxaron un cáliz dourado sobre azul para facer pensar a Roldán e Carlomagno que o Santo Grial estaba levitando sobre Galicia e así conseguiron que lles viñesen axudar contra os decadentes sarracenos e fundar Santiago de Compostela para vender estampitas de San Prisciliano.

O deseño actualEditar

Os conservadores, apreciaron que o deseño está baseado na actual bandeira da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que é un símbolo familiar e recoñecible para todos os galegos. Os españolistas gustou da coroa borbónica na parte superior do escudo, como símbolo inequívoco da dominación española e da submisión de Galicia á coroa de Castela.

Os monárquicos, gustoulles da coroa e listo. Os católicos entraron en estado de éxtase relixioso ante a profusión de cruces (oito cruces, oito) que exhibe a bandeira, así como polo cáliz central. Os celtistas xuraron que o cáliz non é outra cousa se ​​non o Santo Graal das lendas artúricas. Os comunistas, deberán admitir que a incorporación dunha estrela de cinco puntas representa un gran avance no tortuoso camiño cara a ditadura do proletariado. Os socialdemócratas e xente fashion en xeral, gustou dunha estrela de formas máis modernas e coloreada dun magenta que nos recorda o propio logotipo do BNG, senón tamén o de UPyD (para que se vexa que non esquecemos as minorías españolistas).

Por último, os capitalistas e políticos liberais fará-se-lles a boca auga con ese símbolo no medio da bandeira que fai a hostia en moeda de euro dourada en clara alegoría ao único Deus verdadeiro, o mercado. Sen dúbida, a súa sensibilidade non pode quedar indiferente ante a profusión de bling-bling no novo deseño, o cal estimulará a ambición dos galegos para aparentarem ser máis que o veciño ao tempo que os inducirá ao consumismo compulsivo e desaforado.

Outras bandeiras e símbolos históricosEditar

Véxase taménEditar