Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Rexión dos Balcáns, onde cada día xorde un novo país.
Cita1.pngSerbia é como un teléfono móbil, cada ano ten un modelo novo e máis pequeno.Cita2.png
Trolling croata acerca de Serbia
Cita1.pngEu só quería facer unha pequena limpeza por aquí, que hai de malo con iso?Cita2.png
Slobodan Milosevic na prisión.

Os Balcáns é o nome histórico e xeográfico que se usa para designar o sueste de Europa. A rexión ten unha superficie total de 550 000 km² e unha poboación de preto de 53 millóns de habitantes. Presenta unha orografia de abrupta. De feito, a rexión tomoa o nome da cordilleira dos Balcáns, que se estende desde o centro de Bulgaria até o leste de Serbia, no seu límite occidental, e até o mar Negro pola parte oriental.

Por outra parte conforma unha península que, aínda non respondendo ao modelo clásico de península, xa que non está unida ao continente europeo por medio dun istmo, é unha denominación aceptada para designar a rexión, que tamén se coñece como a península Balcánica ou península dos Balcáns.

Índice

O sueste de EuropaEditar

A causa das connotacións negativas do termo "Balcáns" (debido ás guerras dos Balcáns do século XX), frecuentemente úsase o termo Sueste de Europa. A utilización deste termo está crecendo día a día e, así, encontramos unha iniciativa da Unión Europea denominada Pacto de desestabilidade para o Sueste de Europa, e o diario electrónico Balkan Times cambiou o seu nome polo de Southeast European Times.

O uso deste termo para designar sóamente a península Balcánica (e non máis que esta área) tecnicamente ignora a presenza xeográfica de Romanía e Ucraína, que tamén están situades no sueste do continente europeo pero nunca representou nada que fose.

HistoriaEditar

Os países que compoñen a rexión comparten gran parte da súa historia. Así, foron parte do Imperio romano de oriente, logo do Imperio bizantino, despois do Imperio otomán, Imperio comunista e finalmente viviuse aló unha nova explosión nacionalista ó desaparecer Iugoslavia onde todos os inimigos mortales foron reunidos nun só país e onde moitos tiveron que soportar a felicidade dalgúns, na derradeira década do século XX e así, logo da limpeza que Slobodan Milosevic decidiu facer que veu un monte de país descoñecido e pequeno que podese ver coa axuda dun microscopio.

A complicada situación que se viviu no lugar dende o século XIX, e maiormente na segunda metade do vinte, deu orixe ao termo balcanización, que se extrapola na xeopolítica para definir a rotura dun estado de xeito violento, ou na informática para definir, por exemplo, a subdivisión da Uncyclopedia en enclaves separados.

Composicíón política actualEditar

 
Rexión dos Balcáns no aninovo.

Os países que se asocian coa zona dos Balcáns xeralmente son os seguintes:

Ademais, frecuentemente inclúense tamén na lista:

Países relacionadosEditar

Outros países non incluídos na rexión balcánica, pero que teñen ou tiveron un papel importante na súa cultura, historia e na súa situación xeopolítica, son os seguintes:

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Balcáns.

Outros artigosEditar