Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Axuda:Tutorial/Lingua galega 2

Substantivo

O substantivo é aquela clase de palabra cuxos integrantes, que admiten morfemas derivativos e flexivos, desenvolven como principal función a de núcleo de sintagma nominal e refiren seres, entes, obxectos, sentimentos, fenómenos ou ideas.


Clasificación semántica

Os substantivos semanticamente clasifícanse do seguinte xeito:

Substantivos concretos

Son nomes de cousas que poden percibirse cos sentidos do corpo, por exemplo mesa, pícaro, reloxo.

Substantivos abstractos

Non se poden representar como obxectos concretos, porque fan referencia a conceptos, calidades ou emocións e designan xa que logo entidades que non se perciben polos sentidos do corpo, senón pola mente, por exemplo nación, engano, amor, odio, contradición, bondade, virtude, honradez. Os substantivos abstractos considéranse illadamente polo seu significado aínda que se desprenden das cousas concretas. En cambio, unha cadeira existe en si e por si soa; é unha entidade independente. Os substantivos abstractos podémolos clasificar en:

  • Abstractos de fenómeno: Están relacionados con substantivos que designan accións, estados ou os seus efectos, por exemplo lectura, camiñada.
  • Abstractos de calidade: Están relacionados con adxectivos e designan calidades ou propiedades dos obxectos ou dos seres, por exemplo beleza, maldade.
  • Abstractos de número ou cuantitativos: Cuantifican tanto de forma precisa como de forma imprecisa, por exemplo cantidade, chea, ducia.

Substantivos comúns

Permiten nomear a tódalas persoas, animais ou cousas da mesma clase ou especie, sen particularizar o seu significado como home, cabalo, casa. Agrupan os obxectos que denominan polas súas características, sen expresar trazos distintivos. Por iso, considéranse substantivos xenéricos.

Substantivos propios

Distinguen ou particularizan a cada individuo dos demais dunha mesma clase, especie ou xénero. Aplícanse a un só ser, persoa, animal ou cousa. Por iso, considéranse substantivos individuais. Os nomes das persoas e dos países son nomes propios. Os substantivos propios escríbense sempre con letra inicial maiúscula.

Substantivos discontinuos

Tamén chamados substantivos contables, sinalan entes que se poden contar, por exemplo cinco nenos, tres rochas, trece euros. Os substantivos contables combínanse con cuantificadores plurais sen alterarse semanticamente.

Substantivos continuos

Tamén chamados substantivos incontables, sinalan realidades que non se poden contar salvo ó referirse a clases ou variedades distintas, por exemplo leite, humor, aire, fume, lixo. Os substantivos incontables soamente poden combinarse con cuantificadores en singular sen modificar o seu significado. Só admiten numerais cardinais ou cuantificadores plurais cando indican unha clase ou modalidade. Por exemplo: tres vasos de leite - moitos vasos de leite - moito leite. Os fumes emitidos polos ácidos adoitan ser nocivos. Existen casos nos cales substantivos incontables teñen distintos significados ou matices en plural, por exemplo aires de grandeza, aires de cambio, malos fumes, augas cálidas, augas internacionais.

Substantivos individuais

Son substantivos que na súa forma singular, nomean a un só ser como pluma, árbore, rosa. Designan a un único ser, pero admiten o morfema do plural para designar a máis dun.

Substantivos colectivos

Son substantivos que posuíndo unha estrutura de singular, nomean a un conxunto de número indeterminado de seres ou cousas como plumaxe, bosque, rosaleda, xentío, xentío, bandada, coro, alameda. Teñen inherente a idea de pluralidade sen necesitar un morfema que o exprese, pero non no sentido dun máis un, senón en canto a conxunto colectivo formado por varias unidades da mesma cousa designada.

Substantivos animados

Nomean seres considerados viventes, por exemplo can, gato, home, persoa, pícaro, Anastasio.

Substantivos inanimados

Nomean seres inertes, por exemplo, papel, cristal, pedra, cigarro, carta.

Clasificación morfolóxica

Substantivos individuais

Son substantivos que na súa forma singular, nomean a un só ser como pluma, árbore, rosa. Designan a un único ser, pero admiten o morfema do plural para designar a máis dun.

Substantivos colectivos

Son substantivos que posuíndo unha estrutura de singular, nomean a un conxunto de número indeterminado de seres ou cousas como plumaxe, bosque, xentío, bandada, coro, alameda. Teñen inherente a idea de pluralidade sen necesitar un morfema que o exprese, pero non no sentido dun máis un, senón en canto a conxunto colectivo formado por varias unidades da mesma cousa designada.

Segundo a composición do substantivo

Substantivos simples

Son os substantivos que están formados por unha soa palabra.

Substantivos compostos

Son substantivos que están formados por dúas palabras simples, por exemplo anteollos, pararraios, crebanoces, augardente.

Segundo a orixe

Substantivos primitivos

As palabras primitivas son as que serven de cabeza de serie a unha familia, funcionando como raíz das palabras derivadas deles. Os substantivos primitivos só están formados por un lexema básico e optativamente por morfemas de xénero e número. Por exemplo pan.

Substantivos derivados

As palabras derivadas nacen das primitivas, cando se lles agrega sufixos, por exemplo panadería, #panadeiro. Hai distintos tipos de nomes derivados que son:

  • Substantivos aumentativos: Son os substantivos que designan a persoas, animais, cousas ou fenómenos de gran tamaño ou alto grao de intensidade, por exemplo nenazo, ruidazo.
  • Substantivos diminutivos: Son os substantivos que designan a persoas, cousas, animais e fenómenos que se caracterizan pola súa pequeneza, pouquidade ou menor grao de intensidade, por exemplo neniña, gatiño, mazanciña, mesiña.
  • Substantivos despectivos: Son os substantivos que designan a persoas, animais, cousas e fenómenos que son tratados con desprezo ou desdén, ou vistos como inferiores, por exemplo plantucha, libraco.
  • Substantivos xentilicios: Son os substantivos que derivan do lugar de nacemento (país, rexión ou estado) de persoas, animais ou cousas, por exemplo, español peruano, sueco, suizo, panameño, arxentino, danés.
  • Substantivos patronímicos: Son os substantivos que se derivan dalgún nome propio. Por exemplo os apelidos de orixe española formáronse orixinariamente a partir do nome de pila. Normalmente acaban en -ez. Dáse o nome de patronímicos a tódolos apelidos. Por exemplo de Gonzalo ? González, de Fernando ? Fernández.

Exercicios

Exercicio 1

Salienta os substantivos presentes neste texto

O galego acada na época medieval o rango de lingua internacional, xa que está presente tanto en autores (galegos, portugueses, casteláns, occitanos, sicilianos, etc.), coma en cortes reais e señoriais (Santiago, Toledo, Coímbra, Lisboa...)

As Cantigas de Santa María, composicións feitas en loanza da Virxe, son a mostra da vertente relixiosa desta lírica galego-portuguesa e constitúen o corpus de poesía mariana medieval máis relevante de toda a Península. Foron compostas na corte de Afonso X o Sabio, quen se encargou da dirección e, en ocasións, da propia elaboración. Exemplifican o prestixio acadado polo idioma galego como lingua literaria a finais do século XIII.

Exercicio 2

Completa co froito, a árbore froiteira ou o seu colectivo

  • Dixéronme que case non hai __________ en Galicia. É unha mágoa, pois ben que me saben as olivas.
  • Xa está en flor a nespereira. Logo teremos __________.
  • A ameixeira do portal ten unha póla rota porque está atestada de ___________.
  • Xa é tarde para irmos á carballeira e collermos ___________.
  • Foi ó figueiredo, subiu a coller _______ e caeu da __________.
  • Na maceda, ó pilla-la primeira _______ da ____________ deulle unha cambra
  • Dende esa estrada víanse noutra cerdedos. Daquela, as _________ en primavera están inzadas de _______.
  • O _________ e A _________ están cheños de limóns e laranxas
  • En Galicia inda hai morogueiros, pero nunca lles vin dar _________.
Vexa as solucións dos exercicios aquí

Adxetivo

Adxetivo é unha clase de palabra que funciona ordinariamente como adxacente do nome, isto é, como complemento nominal adxunto que se sitúa diante ou despois do substantivo a que se refire.

Por significado, sinala unha calidade atribuída a un substantivo, ben abstracta (percibible pola mente, como en "libro difícil"), ben concreta (percibible polos sentidos, como en "libro azul").

En canto á súa morfoloxía, o adxectivo non posúe accidente de xénero ou número, senón que o adquire do substantivo ó que determina. Admite, ademais, afixos e morfemas de grao superlativo (os sufixos -ísimo, -érrimo). É determinado así mesmo por adverbios cuantificadores que lle confiren os outros graos, o comparativo de igualdade (tan), de superioridade (máis) e de inferioridade (menos), así como o grao superlativo analítico (moi, ben bo).

Canto á sintaxe, o adxectivo desempeña habitualmente tres funcións diferentes: adxacente dun substantivo (bo libro grande), atributo dun substantivo a través dun verbo copulativo (Pedro é, está ou parece san) e complemento predicativo (o coche corre rápido)

Distínguese entre adxectivos atributivos, unidos asindeticamente ao nome: noite escura ou escura noite, e adxectivos predicativos, ligados ao nome mediante un verbo copulativo: a noite era escura.

Exercicios

Exercicio 1

Subliña os adxectivos do seguinte poema de Rosalía
Cantart' ei, Galicia,
Teus dulces cantares,
Qu' asi mó pediron
Na veira do mare.

Cantar t' ei, Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos males,
Alivio das penas.

Mimosa, soave,
Sentida, queixosa,
Encanta si rie,
Conmove si chora.

Cal ela, ningunha
Tan dulce que cante,
Soidades amargas,
Sospiros amantes.

Misterios da tarde,
Murmuxos da noite:
Cantar t' ei, Galicia,
Na veira das fontes.

Qu' asi mó pediron,
Qu' asi mó mandaron,
Que cant' e que cante
Na lengua qu' eu falo.

A gradación

Os adxectivos poden presentar tres graos:

  • Positivo: alto, grande
  • Comparativo: máis, menos ou tan alto máis, menos ou tan grande (tamén maior e meirande1)
  • superlativo: altísimo

Grao comparativo

A comparación pode ser de inferioridade, igualdade e superioridade e realízase do seguinte xeito:

  • Inferioridade: (1º termo que se desexa comparar) + Menos + adxectivo + "ca", "que" ou "do que"2 (2º termo, co que se compara):
    • Ela debe ser menos intelixente ca seu irmán maior.
    • El debe ser menos intelixente do que parece ser ela
  • Igualdade: (1º termo que se desexa comparar) + Tan+ adxectivo + "coma" ou "como"2 (2º termo, co que se compara)
    • Ela é tan intelixente coma o seu irmán maior.
    • Fíxoo tan grande como llo pediron
  • Superioridade: (1º termo que se desexa comparar) + Máis + adxectivo + "ca", "que" ou "do que"2 (2º termo, co que se compara).
    • Ela debe ser máis intelixente ca seu irmán maior.
    • El debe ser máis intelixente do que parece ser ela

Algúns adxectivos posúen unha forma sintética:

GRAO POSITIVOCOMPARATIVOS ANALÍTICOSCOMPARATIVOS SINTÉTICOS
grandemáis, menos ou tan grandemaior ou meirande1)
pequenomáis, menos ou tan pequenomenor
bomáis, menos ou tan bomellor
malomáis, menos ou tan bopeor

Grao Superlativo

O grao superlativo pode ser absolouto (sen referencia a un grupo que reduza o campo de aplicación do superlativo) ou relativo (con referencia a un grupo que reduce o campo de aplicación do superlativo)

Superlativo absioluto

Hai dúas alternativas:

  • Superlativo absoluto analítico: Créase cos sufixos "-ísimo", "-érrimo": boísimo (boísima ,boísimos ,boísimas), paupérrimo (paupérrima, paupérrimos, paupérrimas).
  • Superlativo absoluto sintético: O máis habitual é a construción moi + adxectivo, pero hai outras posibilidades, entre as que se encontran:
    • Moi + adxectivo: Ela é moi intelixente
    • Extraordinariamente + adxectivo: Ela é extraordinariamente intelixente
    • Extremadamente + adxectivo: Ela é extremadamente intelixente
    • Ben+ adxectivo: Ela é ben intelixente
    • Adxectivo + abondo: Ela é intelixente abondo
    • Bastante + adxectivo: Ela é bastante intelixente
    • Adxectivo + adxectivo: Ela é grande grande

Algúns adxectivos posúen unha forma sintética:

GRAO POSITIVO COMPARATIVOS ANALÍTICOS COMPARATIVOS SINTÉTICOS SUPERLATIVO
grandemáis, menos ou tan grandemaior ou meirande1)máximo
pequenomáis, menos ou tan pequenomenormínimo
bomáis, menos ou tan bomelloróptimo
malomáis, menos ou tan bopeorpésimo

Superlativo relativo

Desenvólvese mediante a construcións:

  • Máis + adxectivo + de + (grupo que reduce o campo de aplicación do superlativo):
    • Ela é a máis intelixente de todas
  • Menos + adxectivo + de + (grupo que reduce o campo de aplicación do superlativo):
    • Ela é a menos intelixente de todas

Apuntamento 1: Meirande significa 'de maior tamaño'. As súas posibilidades de uso son máis reducidas cás de maior.

Apuntamento 1: Para ver as regras de emprego dos nexos comparativos (ca, que, do que, como, coma) váiase a Construcións comparativas

Exercicios

Exercicio 2

 

Exercicio 3

Indica a que adxectivo en grao positivo remite o superlativo culto:

  • celebérrimo
  • crudelísimo
  • ilustrísimo
  • libérrimo
  • magnificentísimo
  • misérrimo
  • nobilísimo
  • paupérrimo
  • pulquérrimo
  • sacratísimo
  • salubérrimo
Vexa as solucións dos exercicios aquí