Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Axuda:Tutorial/Lingua galega (Solución dos exercicios/Morfosintaxe)

SubstantivoEditar

Exercicio 1Editar

O galego acada na época medieval o rango de lingua internacional, xa que está presente tanto en autores (galegos, portugueses, casteláns, occitanos, sicilianos, etc.), coma en cortes reais e señoriais (Santiago, Toledo, Coímbra, Lisboa...)

As Cantigas de Santa María, composicións feitas en loanza da Virxe, son a mostra da vertente relixiosa desta lírica galego-portuguesa e constitúen o corpus de poesía mariana medieval máis relevante de toda a Península. Foron compostas na corte de Afonso X o Sabio, quen se encargou da dirección e, en ocasións, da propia elaboración. Exemplifican o prestixio acadado polo idioma galego como lingua literaria a finais do século XIII.

Exercicio 2Editar

Completa co froito, a árbore froiteira ou o seu colectivo:

  • Dixéronme que case non hai oliveiras en Galicia. É unha mágoa, pois ben que me saben as olivas.
  • Xa está en flor a nespereira. Logo teremos nésperos.
  • A ameixeira do portal ten unha póla rota porque está atestada de ameixas.
  • Xa é tarde para irmos á carballeira e collermos landras
  • Foi ó figueiredo, subiu a coller figos e caeu da figueira.
  • Na maceda, ó pilla-la primeira mazá da maceira deulle unha cambra
  • Dende esa estrada víanse noutrra cerdedos. Daquela, as cerdeiras en primavera están inzadas de cereixas.
  • O limoeiro e a laranxeira están cheños de limóns e laranxas
  • En Galicia inda hai morogueiros, pero nunca lles vin dar morogos.

AdxectivoEditar

Exercicio 1Editar


Cantart' ei, Galicia,
Teus dulces cantares,
Qu' asi mó pediron
Na veira do mare.

Cantar t' ei, Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos males,
Alivio das penas.

Mimosa, soave,
Sentida, queixosa,
Encanta si rie,
Conmove si chora.

Cal ela, ningunha
Tan dulce que cante,
Soidades amargas,
Sospiros amantes.

Misterios da tarde,
Murmuxos da noite:
Cantar t' ei, Galicia,
Na veira das fontes.

Qu' asi mó pediron,
Qu' asi mó mandaron,
Que cant' e que cante
Na lengua qu' eu falo.

Exercicio 2Editar

Adxectivo positivo: lanzal, branco, inocuo,...

Comparativo analítico de igualdade: Os cóengos son tan comedoriños coma o noso cura (coéngo é palabra esdrúxula).
Comparativo analítico de inferioridade: Os peixes tiñan antes menos parasitos ca agora (parasito é palabra grave).
Comparativo analítico de superioridade: Xa foi o tenis un xogo máis de elite do que agora é (elite é palabra grave).
Comparativo sintético de inferioridade: O esquío é menor có xabaril.
Comparativo sintético de superioridade: O teu curmán é maior ca ti.
Superlativo absoluto analítico: A Maruxa é moi alta.
Superlativo absoluto sintético: A Maruxa é altísima .
Superlativo relativo: A Maruxa é a máis caneluda de todas.

Outra posible solución:

Exercicio 3Editar

  • celebérrimo > célebre
  • crudelísimo > cruel
  • ilustrísimo > ilustre
  • libérrimo > libre
  • magnificentísimo > magnífico
  • misérrimo > mísero
  • nobilísimo > nobre
  • paupérrimo > pobre
  • pulquérrimo > pulcro
  • sacratísimo > sagrado
  • salubérrimo > salubre