Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Axuda:Navegar

A seguinte páxina trata sobre a navegación a través das diferentes páxinas da Desgalipedia.

ProcurasEditar

O artigo principal desta categoría é: Axuda:Procurar

Para comezar, na parte superior de todas as páxinas aparece unha caixa de procuras que permite buscar contidos mediante as palabras que se escriban nela.

LigazónsEditar

Alí onde vexas un texto en cor azul, como este, significa que é unha ligazón cara a outra páxina da Desgalipedia que contén máis información por se a necesitases. Se mantés o rato por riba da ligazón verás o nome da páxina á que te conducirá. No caso dos artigos, isto quere dicir que non é necesario que estes cubran todos os aspectos en profundidade, podendo desenvolvelos noutros artigos relacionados. Deste xeito, estás sempre a un clic de distancia de información adicional alí onde olles unha ligazón.

Algúns artigos tamén poden conter ligazóns cara a definicións de dicionario ou o mesmo artigo noutras linguas. Ademais, tamén hai outras ligazóns ao final da meirande parte dos artigos, conformando unha lista con outros artigos de interese, páxinas web externas e materiais de referencia que completan os coñecementos.

CategoríasEditar

Por debaixo da lista de ligazóns detallada na sección anterior, metidas nunha caixa, hai unha ou varias categorías que permiten navegar polas diferentes ramas de descoñecemento.

A continuación tes algunhas das categorías fundamentais:

Arte e Cultura | Xeografía | Historia | Matemáticas | Personalidades | Filosofía | Ciencia | Sociedade | Tecnoloxía

PortadaEditar

A Portada da Desgalipedia inclúe diversas ligazóns útiles debaixo do cadro de benvida. Abaixo á dereita tamén hai un índice coas categorías máis importantes. Un bo xeito de comezar explorando a Desgalipedia é visitando os contidos destacados que aparecen tamén na Portada e que dan boa idea de como se fan as cousas ben á hora de editar.

InterfaceEditar

A continuación detállanse as funcións das diferentes ligazóns que te atoparás ao ver calquera páxina da Desgalipedia.

Barra lateralEditar

Ao lado esquerdo de todos os artigos hai algunhas opcións de navegación e interacción que conteñen ferramentas que poden resultar útiles.

Estas son as opcións de navegación:

  • Portada - a páxina de inicio da Galipedia
  • Portal da comunidade - como comunidade que é, a Wikipedia ten un portal para os usuarios, onde hai moitas ligazóns de utilidade para o mantemento interno da enciclopedia
  • Actualidade - unha relación cronolóxica cos fitos máis importantes sobre a Galipedia
  • Cambios recentes - os artigos que se están a editar/vandalizar neste momento
  • Artigos de calidade - unha selección do mellor que temos na Galipedia
  • Páxina aleatoria - un artigo ao chou, nunca sabes o que pode saír!
  • Axuda - un compendio coas principais páxina de axuda
  • Doazóns - para realizar doazóns á Fundación Desgalimedia

Opcións da caixa de ferramentas:

  • Páxinas que ligan con esta - útil para ver os artigos que conectan con aquel especificado
  • Cambios relacionados - lista de cambios feitos recentemente nas páxinas ás que se liga desde o artigo especificado
  • Cargar un ficheiro - formulario para cargar imaxes e outros ficheiros na Galipedia
  • Páxinas especiais - todas as funcións especiais e as opcións de administración que se poden empregar
  • Ligazón permanente - empregada para ligar unha versión específica dunha páxina.
  • Citar esta páxina - xera un conxunto de citas predeterminadas para o artigo, en diferentes estilos

Opcións do menú imprimir/exportar:

  • Crear un libro - para facer unha colección de páxinas
  • Descargar como PDF - para obter un ficheiro en formato PDF da páxina e así lela sen conexión
  • Versión para imprimir - mostra o artigo sen as opcións de navegación do sitio

Outras linguas - se un artigo existe noutra lingua nunha das numerosas versións da Desgalipedia, o normal é que apareza nesta lista

Lapelas superioresEditar

Encima das páxinas hai unha serie de lapelas con diversas funcións.

  • A primeira lapela indica o tipo de páxina na que un se atopa. Nos artigos porá "Artigo", nas páxinas do proxecto, "Desgalipedia", e en páxinas de axuda coma esta, "Axuda".
  • Conversa - ao carón da anterior, e que serve para acceder á páxina de conversa asociada.
  • Ler e Editar - atópanse máis á dereita, serven para conmutar entre o modo normal de lectura e o de edición que serve para modificar a páxina.
    Ás veces, é posible que atopes que a lapela "Editar" non aparece e no canto dela ves o texto "Ver o código fonte". Isto significa que non podes editar a páxina porque está protexida por algunha razón; podes deixar unha mensaxe na conversa indicando os aspectos que queres mellorar.
  • Ver o historial - todas as páxinas da Desgalipedia teñen un historial de revisións asociado que contén un rexistro con todas as revisións vellas da páxina ordenadas cronoloxicamente. Cada revisión gárdase coa data e hora, o nome de usuario ou o enderezo IP daquel que fixo a edición e o resumo de edición (se deu algún).
  • Estrela - a primeira vez que premas sobre a estrela engadirás a páxina na que esteas á túa lista de vixilancia; a segunda vez, eliminarala da mesma. A lista de vixilancia serve para facer un seguimento das páxinas elixidas, provocando que estas aparezan destacadas en negra na lista de cambios recentes.
  • Menú despregable - ao lado da estrela hai un menú despregable con máis opcións, como "Mover", para cambiar o título da páxina.

Opcións de usuarioEditar

Se estás rexistrado, estas ligazóns atópanse na parte superior de cada páxina. Cada unha proporciona un acceso rápido, de esquerda a dereita, á páxina de usuario, á conversa, ás preferencias, á lista de vixilancia e á lista de contribucións. A última ligazón serve para dar por finalizada a sesión.

  Volver á páxina de axuda.