Austin Powers
Austin Powers | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
[[Imaxe:|225px|]] | ||||||||||||||||
| ||||||||||||||||
|
Austin Powers foi un espía internacional da Era Postcapitalista aínda que algúns historiadores o sigan situando durante a Guerra Fría.
TraxectoriaEditar
Austin naceu en Austin (Ohio) alá nos Estados Unidos profundos pero cedo emigrou a Londres xa que quería ser un neno elegante e con licencia pra matar. Formouse na London School of Ladys, onde lle ensinaron a facer programación cultural da canle Divinity, contraintelixencia, uso de armas e coches varios e aumentar o seu "mollo", cousa que consegiu grazas a seu talento natural e a súa mata de pelo en peito que nin os neardenthais!!!
Logo pasou a unha universidade por iso se sacarse un título para que o deixaran entrar no servizo de Intelixencia, Ahá!!! Eras tan impresionable que pensabas que para espía vala calquera playboy? Pois non! Hai que ter estudos universitarios e a ser posible de leis!!!! Polo que foi a Hogwarts a estudar ciencias legais e psicotropicais tendo un doutorado cum laude. Seu compañeiro de pupitre foi o Dr. Maligno e James Bond.
Foille encomendada a misión de atopar a base segreda do Doutor Maligno, cousa que conseguiu tras corromper á alcaldesa do lugar con sexo gratis, vendo que a central tardaba moito decidiu el mesmo atacar ao doutor Maligno utilizando unha estratexia do scrabble e así o arrestou, aproveitando que a axudante do Maligno estaba cachonda casou con ela.
Na lúa de mel a súa parenta resultou que... ía a pilas! Era un robot!... e sí! Disparaba polas tetas! Austin Poderes puido fuxir vivo da Riviera. A súa segunda misión tivo que tentar recuperar seu mollo xa que o Doutor Maligno llo roubara e puxera un satélite cun láser apuntando á casa branca nos anos 60... xa non sei o que digo! Demasiado tempo vendo decoración psicodélica!