Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Aureana

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Aureana.
Aureana.jpg
Información
Nacemento Probablemente na Idade do Ferro.
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega

Aureana é unha das grandes raíñas dos mouros e protagonista de moitos mitos en Galicia. Tamén chamada Oureana, Ana ou Loureana.

MitohistoriaEditar

Podemos atopar a Aureana en moitas historias vellas por toda Galicia. Nalgúns asos aparece como muller recollendo areas con ouro nas beiras do Sil e Miño, facendo feitizos, gardando tesouros e habitando castros.

No caso de desencatalas hai que facer entrega de moletes de pan ou queixo, algúns poden chegara botar sangue, e na pronuncia de frases rituais, como así aparecen nas lendas galegas de Castro Pedro (Melide), a de Ana Manana, na Fonte Pormás ou Pozo Bastón; ten conta que si lle fas mal o ritual de desencanto pode vingarse de ti.

Tamén se atopa presente na cidade de Libunca (Neda) no mamancial da Fonte de Aureana, no cal un home ten tres fillas (Ana, Aureana e Laureana) que casa tras enviuvar, e a madrasta odia as fillastras, asi que as enfeitiza e convirte en tres queixos, a un dos cales lle corta un anaco e nese intre ca eun raio cerca e destroza unha árbore, da cal saen tres cabalos, dos cales foxen dous xa que o terceiro está coxo (porque a madrasta lle cortara un anaco ao queixo) polo que se convirte nunha fonte.