Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Augusto César Lendoiro

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Augusto césar Lendoiro
Cesarlendoiro.jpeg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XX D. de C.
Coirós Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Presidir.

Augusto César Lendoiro, mais coñecido como Lendoiro foi o Presidente do Narco Deportivo da Coruña, archienemigo de Paco Vázquez, subcomisario político da Kominrel para o NO de Gitaña.

Vida e miragresEditar

 
Lendoiro a punto de mudar a fisonomía da Coruña.

Naceu en Coirós no seo dunha familia de Mouros polo que usou todo o ouro do castro en mercar un pequeno equipo de fútbol femenino co fin logo de vender ás peores porteiras (ás que se deixan meter todo) a Karina Falagan, así entrou no PP e organizou o seu clan para dar o gran salto desde o se bufete.

Trala Batalla de Iavin entre a plutocracia coruñesa o clan Lendoiro conseguiu facerse co dominio do Deportivo da Coruña e así alzarse como grande señores feudais da cidade en contraposición ao clan Vázquez, para construir ao superdepor contou co apoio de Manuel Fraga e Xosé Cuíña e así tras varias duras negociacións conseguiu fichar os mellores furóns do mundo futboleiro e así ascender a este equipo, ao aumentar o caché do equipo aumenta o valor da empresa e de paso o prestixio suficiente como para poder enfrontarse mellor a Sir Paco L ou comer terreo para logo adicar a urdir a raíz cadrada dos bens inmobles no que X é igual a valor de mercado e I o valor da acción na bolsa dun mesmo.

A circulación de diñeiro foi ben e o equipo tamén, conseguindo así enchufar a seus fillos e obter mais poder nas empresas locais, tras fichar a Arsenio Iglesias e casar con Alley Mcbeal, conseguiu conquistar a Galiliga, pagarlle as copas a un gey e case conseguir a Champions grazas ás ventas supermillonarias de varios tramontinos e a chegada de mais fariña de Colombia, na época dourada consegiu asimesmo expandir a empresa do Dépor no sector da prensa deportiva e obter inmobles grazas a seu prestixio. Debido a que é avogado as súas negociacións comezaban onte e non remataba ata pasado mañá, tras comerse entre ambas partes todo o que Matusalén gardara na cova de Montealto.

Pero que une equipo da vulgar Galicia gañase tantos trofeos non gustaba porlo mundo adiante, asi que os Illuminati e os Reptiliáns organizaron a crise económica de 2008 e isto, xunto coas chuchadas da familia lendoiro ao clube remataron por deixalo na banca rota, fóra de xogo económicamente sen pagar renovacións non puideron seguir tendo o anel de poder e perderon postos, Lotina meteuse a xudar un pouco e alá foi todo ao carallo. Afortunadamene tito lendoiro consegiu salvarse tras entrar na loxia luciferina de El Yunque, aínda así foi expulsado do Dépor.

Vida de Lendoiro trala saída do DéporEditar

 
Lendoiro fuxindo a América.

Tras ser cariñosamente despedido pola familia deportivista a base de tomatazos, Lendoiro marchou a México onde fundou as autodefensas e foise vivir a un complexo deportivorelixioso fortificado, mentres seus filos trataban de encher as maletas cos restos do dépor e fuxir eles tamén á Galicia profunda.