Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Atlántida

A Atlántida é un imperio-continente afundido nalgún lugar do planeta Terra.

Índice

Historia da AtlántidaEditar

Atlántida era unha illa no medio dun mar mais alá das columnas de Hércules, formou un gran imperio e tiveron unha rica civilización pero non rezaban moito a seus deuses, así que éste a a fundiron.

Historia da Atlántida según Sonkhis de Sais e Psenophis de HeliópoleEditar

Fai miles de anos atrás no Mar Tenebroso existía unha illa chea de riquezas gobernada por reis descendentes de Horus e gobernaban de forma xusta e misericordiosa pero cada vez que tiñan fillos ao sangue dos deuses foise perdendo e cada vez os gobernantes atlantes fóronse facendo mais humanos, o que quere decir, mais cabróns, inxustos, ignorantes e ambiciosos polo que comezaron a invadir as terras veciñas, convertendo as selvas saharauis no actual deserto do sáhara, e Europa (fundando Españistán) chegaron ás portas de Exipto, pero aquí foron detidos polo Rei Escorpión, formando unha alianza e conseguindo así que os atlantes deixaran seus coñecementos aquí e formasen o Exipto Antigo, logo a Atlántida desapareceu baixo as augas debido á que a Apofis cabreous e un día con Seth e alterou as augas tenebrosas asulagándoaa (outra víctima foi Valverde).

Historia da Atlántida según SolónEditar

Fai 4 mil anos anos antes ca mion os Atlantes viñeron invadir estas terras pero os atenienses, meus devanceiros, conseguiron detelos e logo foron destruidos por Zeus ao alteraren o statu quo.

Historia da Atlántida según PlatónEditar

Atlántida era unha illa lonxana formada por unha chira rodeada de montañas, nelas vivía un fulano que nacera por xeneración espontánea e tivera unha filla (tamén por xeración espontánea) da cal se namorou o deus do mar, Poseidón, que para ligarse á moza en custión primeiro illouna mediante varios tsunamis que crearon círculos de terra e mar nas beiras da illa, logo atraeuna ensinándolle o seu tridente láser e conseguiu que se convertira na súa fodeamiga, os fillos que tivo con ela fíxoos reises e deulles o dominio sobre a illa así como miles de peseteuros e materias primas, pero debido á decadencia dos reises que cada vez que casaban íase iluíndo o sangue divino convertíronse en nazis e lanzáronse á conquista do mundo, conquistando África e Europa ata que foron detidos por Grecia, isto cabreou aos deuses olímpicos, que se xuntaron e decidiron afundir á Atlántida por seren tan pouco mediocres.

Historia da Atlántida según Francis BaconEditar

A Atlántida era unha illa chea de riquezas e gobernada según o sistema do Comunismo o que levou a seus habitantes a vivir na civilización mais perfecta do universo, nembargantes, e debido a que comezaron a contactar cos bárbaros de Musulmania copiáronlle seus costumes (como a Sharia e a inxustiza social wahabita) e os atlantes convertíronse en suxos imperialistas, lograron cruzar o Atlántico e chegar ao crecente fértil, fundaron o Antigo Exipto como a súa colonia ata que caeron na decadencia debido ós vicios importados de Oriente, contaminando tanto a súa illa que se afundiu no Océano.

Historia da Atántida según Ignatius DonnellyEditar

A Atlántida foi a cuna da civilización (Exipto e o Imperio do Perú foron colonias súas) desde o onde o home se expandiu por todo o planeta impondo o novo orde mundial baseado na xustiza social, a liberdade radical e o anarcoliberalismo.

A Atlántida según Madame BlawatskyEditar

Esta illa foi onde o home deixou de ser un pailán e entrou en harmonía co universo inverso mediante rituais esotéricos, o que lle permitiu ter unha rica civilización e seren felices ao mesmo tempo, a ila foi destruida por miles de psiquiatras en paro conseguindo que o resto de civilizacións que xordiron trala súa desaparición (en realidade eran colonias atlantes) fosen brillantes pero infelices.

A historia da Atlántida según Spyridon MarinatosEditar

En realidade, Atlátndia é Creta, que na época minoica formou a primeira civilización mediterránea e un extenso imperio polas illas veciñas competindo con Exipto, fenicios, pobos do mar e micénicos polo dominio mundial ata que o volcán de Santorini estoupou destruindo nun 80% a illa-capital, cuxos restos foron arrasados logo por terremotos e maremotos que a lveraon ó fondo do mar.

A atlántida según Adolf SchultenEditar

A Atlántida é o misterioso Tartessos, e non era unha illa, senón unha cidade imperialista de Andalucía antiga que foi asulagada por un tsunami e agora atópase baixo o parque de Doñana.

A Atlántida según Jim AllenEditar

A Atlántida atopábase en Bolivia, protexida polo antiplano andino de recente formación daquela formouse unha poderosa civilización pero o Capac (rei) ficou Manco e todo foise ao carallo.

A Atlántida según Sergio FrauEditar

En realidade as columnas de Hércules eran o estreito de Sicilia e polo tanto a Atlántida é Cerdeña!!

A Atlántida según DisneyEditar

Atlantis atópase denro do planeta Terra e aínda teñen monarquía e viven grazas a unha enerxía acientífica e descoñecida que provén dun cristal.

Cultura da AtlántidaEditar

OS atlantes tiñan extrañas crenzas, por exemplo, en vez de facer corridas de touro sanguentas só facían corridas de touros nas cales chimpaban por riba dos bois, a ser posible entre seus cornos e vestidos cuntaparrabos e coas tetas ao ar por outra banda tamén tiñan costumes sociais baseados en mezclara todo tipo de razas seguindo esquemas economicistas para así poder crear atlantes altos, musculosos e con grandes xenitais.

Así mesmo tiñan estudos gratis, con universidade gratuita e aser posible que todo de fixeran físicos ou artistas, pero debido a unha crise económica comezaron a facer na demagoxia dun soldado e comezaron a cobrar por todo e invadir illas veciñas co fin de ter un espazo vital así como comezar a pensar que os demais seres humanos querían destruilos a base de comunismo e capitalismo, liberalismo, democracia e arte contemporánea polo que centralizaron a súa cultura e modo de vida en torno a un partido político único, decretaron a superioridade propia e comezaron a "purificar" a súa illa ao tempo que escravizaron reinos veciños e guiados polo seu fuhrer comezaron o I prereich que os levou a unha serie de guerras que remataron por empobrecelos e caeron noutra crise económica, moemnto que seus veciños e os escravos se rebelaron contra deles e os destruiron.

Economía atlanteEditar

Está baseada na concentración de capital e riqueza dentro de pirámides monumentais, que logo eran baleiradas por ovnis e as levaban á capital onde facían puticlús decadentes e touradas.

Atlantes famososEditar

  • Jörmundgander: Cobra que afundiu a Atlántida só por amolar a seus inquilinos que non lle pagaban o mes a tempo.
  • Atlas: que tras ser derrotado polos deuses olímpicos foi castigado con suxeitar todo o planeta Terra sobre as súas costas.
  • Aquaman: vive exiliado nas piscinas do Pentágono, que fan experimentos sexuais con el.
  • Rapaz Percebe e Sirenoman: superheroes formados polo imperio atlante para protexerse de opas hostís.
  • Tritonman e rapaz Percebe: superheores que constriron o muro de Bimini.
  • Rei Tritón: pai dos anteriores.
  • Ariel: a sireniña quentabraguetas.
  • Lesbiatán: monstro que desde que se afundiu a Atlántida a vixía para que non veñan os roubatesouros.
  • O grupo de techno Aqua.
  • Ryūjin: emigrou ao Xapón tras ver un documental sobre parafilias neste país.
  • Namor o submarine: filo vengador e príncipe atlante, tralo afundimento da súa cidade vive de dar calses de buceo.
  • Nessie: antes era un garda do zoo atlante, tralo afundimento emigrou a Escocia, onde foi amante de Aleister Crowley.
  • Morgawr: cadeliño dos reises atlantes foi metamorfoseado pola bruxa Isis.
  • Kidagakash Nedakh: raíña da Atlántida que loita por recuperar o poderío antigo.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Atlántida.

Outros artigos afundidosEditar