Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arte (homónimos).
Lego museu de arte.jpg

Arte son todas aquelas accións encamiñadas a encher os museos de productos ou accións de feitos por artistas (así Piero Manzoni enviou unha lata chea de merda súa ao mercado da arte).

Índice

Evolución históricaEditar

O arte está fondamente conectado coa sociedade, cada intre histórico maniféstase artísticamente dun xeito; así vemos que a Antigüidade produxo arte clásico, a Idade Media o románico, o gótico e o Renacemento, o Antigo Réxime o Barroco e o Neoclasicismo, a Revolución Industrial o Romanticismo e o neogótico, o capitalismo o dadaísmo, o surrealismo, o pop-art, o arte povera, etc (que a estes últimos ninguén da rúa entende). Pero o Arte tamén tenn as súas propias leis internas, leis de búsqueda e de investigación.

Ao principio os humanos do Paleolítico comezaron a facer arte para obter poderes máxicos e comunicarse entre eles, a surxir a Relixión comezouse a facer ídolos e ofrendas moi bonitas para agradar aos deuses e compradores, ao longo da Idade Media a Igrexa Católica convirtiuse na maior mecenas dos artistas ata o século XIX, nesta centuria a burguesía e os Estados toman o relevo, convirtindo a arte nun gran negocio que se revalida á alza cada ano.

Arte na Idade contemporánea (1800-Actualidade)Editar

Artigo principal: Arte contemporánea.

A arte contemporánea é unha merda pinchada nun pao, o arte moderno inventárono os do servizo segredo alemán para que os alemáns pelexaran entre sí e non participasen na Revolución alemá de 1919, así pagáronlle a un moinante para que inventase o Dadaísmo, a mellor arte universal, este arte é o mellor e o resto unha moderna, a continuación darémoslle unha mostra de Dadaísmo:

  • Rarraaaaaaaaaaaaaaaaarrrr Tchám Tchám blommmfgggggggggggggggg argiiiiiiiiiiiii chuf chuf chuf! buuu buuuu Booommmm!!! (Ai non! Isto é futurismo!)
  • Caramelo de enerxía variable contigo amo moito porque douscentos metros de alto e pasa frío debido moito escoitar (Ai non! Isto é Surrealismo!)
  • &rrrrrrrrrrrrrrrrr2233//&&%%%%%%EEEEEE%!!!%!%%!%!%!%!%%!%%!%!%!%%"&"/·("="·?·/$·/·)"="/////·==·?·?·?="(·)·//// (Ai non! isto é Arte abstracto!)
  • //////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////// (Ai non! Isto é Arte secuencial!)
  • O raciocinio leváronos a unha muller que come a todo o mundo e nos fai escravos da razón pero de forma fermosa. (Ai non! Isto é Arte postmoderno!)
  • Esta pera brilla cal tetas no paraíso solar, brilla tanto e tan ben que parece unha fotografía. Ai non! Isto é Hiperrealismo!)
  • Vou facer un templo grego e porlle unha cristaleira estilo oficina (Ai non! Isto é merda ésa do postmoderno cos seus neoexpresionismo, neo surrealismo e demais mamadas neo que nin en Matrix a explican!)

Arte en GalizaEditar

 
Pintura galega feita baixo os efectos do LK.

A primeira mostra de arte é do paleolítico, unha bola china pra enxergar dentro da vaxina e causar orgasmos e pinturas rupestres representando cabalos, logo os Megaliteiros chegaron coas súas sepulturas colectivas ultradecoradas (decoradas poor dentro con pinturas psicodélicas e por fora o túmulo tiña dun lado pedras brillantes e do outro escuras), a seguir o pobo Petroglifense que encheu miles de laxas con mensaxes segredos (case todos receitas pra facer polbo á feira), seguidos dos Oestrimnios que eran tan vagos que non deixaron nada de arte e tiveron que fuxir diante dunha invasión de serpes (eran tan vagos que non as mataban e deixaban estar) pasando un período de despoboación humana, ata que viñeron os castrexos coa súa cultura castrexa e galaicos, que deixaron depósitos inmensos de torques, lanzas, espadas, etc e estatuas de guerreiros e casas con adobíos ben extraños.

Logo o Imperio Romano escravizou a maioría deles e púxose a roubar ouro pra deixar a cambio un par de pontes, calzadas romanas que despois os alcaldes destrúen, algún que outro mosaico con motivos pornográficos e a muralla de Lugo; xa na Idade Media durante o reino dos suevos deixaron tamén moitas fíbulas, placas de cinturón e aneis e lousas cubridoras de sepulturas (o resto está tan mezclado con restos romanos e posteriores que non se dan identificado ben, só deixando a igrexa suévica de Santa Comba de Bande), despois durante a Reconquista os señores feudais como Vimara Peres erguen mosteiros e algúns anacoretas regresan da Ribeira Sacra ás cidades,exténdese o arte prerrománico(avces copiando decoracións castrexas) e ven de Francia o arte románico e despois o gótico, todo feito grazas á sociedade segreda dos canteiros.

Durante o Antigo Réxime en Galicia só destaca o Barroco (debido á política da Igrexa católica de facer a competencia aos protestantes facendo igrexas mais espectaculares pra atraerse á xente)e o pintor Antonio de Puga (ourense). A principios do século XX entra a nova arquitectura e xorden arquitectos como Vázquez Gulías, nos tolos anos 20 a xeración Nós fai de Galicia célula de universalidade e trae o art decó e o modernismo entra de cheo e Antonio Palacios ergue o Teatro Barbón de Vigo, ao mesmo tempo que se sementa a arquitectura rexionalista, que durante a dictadura de Francisco Franco se erguen edificios de pisos dese estilo e chalés, nos 50-60 entra o estilo Internacional de arquitectura mentres e ramata a igrexa da Veracruz en Carballiño de estilo modernista e neoprerrománico.

Na pintura o rexionalismo é superado e entran as vangardas con Laxeiro, faise abstracto e outros consigen a estética de pedra nas pinturas, nos 60 Seoane en Arxentina co seu estilo expresionista cercano á abstración, nos 80 xorde o Grupo Atlántica que revitaliza a plástica. Nos 90 xorden os museos como o CGAC, fundacións privadas como a de FENOSA (MAC), e a finais do XX créase a Cidade da Cultura de Galicia con fin de enchela de todo o arte das aldeas abandonadas e que non as vaian roubar os españóis.

ClasificaciónEditar

 
Unha típica arte chunga.
  • Arte antiga: toda aquela arte feita antes da Idade Media.
  • Arte contemporánea: aquela feita desde os anos 30.
  • Arte chunga: aquela feita polos artistas gores dos 70 e 80.

Estilos artísticosEditar

  • Primitivo.
  • Megaliteiro.
  • Petroglifense.
  • Mesopotámico.
  • Arte exipcio.
  • Castrexo.
  • Arte grego.
  • Arte romano.
  • Arte Indio.
  • Arte medieval (estilos prerománico, románico, gótico e renacentista).
  • Arte dezaoitesco.
  • Arte bohemio.
  • Arte industrial.

Técnicas artísticasEditar

 
Non podemos definir isto como pintura ou fotografía.

Desgalería de arteEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Arte.

Outros artigosEditar