Armenia
Armenia é un país montañoso entre Europa e Asia, así como entre o Mar Negro e o mar Casposo, entre Occidente e Oriente, entre aIgrexa Ortodoxa Rusa e o Islam, entre Arm e Nia, etc, etc, etc.
República Moi cristiá de Armenia Arghmenia | |
---|---|
[[Ficheiro:|center|250px]] | |
Lema: Turcos asasinos! | |
Himno: Turquía mátame. | |
Capital • Poboación |
|
Linguas oficiais | aaaarghmenio |
algún nome rematado en -ian. |
Roberto Cochorián, Serxio Salgueirán, Levon Ter-Petrolian. |
1991 | |
• Total | n/d |
• Total | n/d |
• Densidade | n/d |
PIB (nominal) | |
• Total | n/d |
• per cápita | n/d |
• per cápita | n/d |
Xentilicio | Amedio. |
• Horario de verán | Non aplica |
Dominio de Internet | n/d |
Prefixo telefónico | n/d |
Prefixo radiofónico | n/d |
Código ISO | n/d |
Membro de: Eixo do Ben. |
HistoriaEditar
- Artigo principal: Historia de Armenia.
PrehistoriaEditar
- Véxase tamén: Urartu.
Armenia foi fundada por Haik, un pastor que marchou de Babilonia fuxindo de tódalas mulleres que querían casar con el. Haik instalouse nas faldas do volcán Ararat e comezou a organizar unha civilización, nestas estaba cando apareceu Noé no alto do seu monte e tiveron que batallar. Noé perdeu e marchou pero cando cruzaba a fronteira mirou cara atrás e botoulles unha maldición, desde entonces todo o mundo pasou por este país para conquistalo.
Tras fundar unha civilización a dinastía de Haik seguiu a reinar no lugar, seu sucesor, Armani, foi quen comezou a exportar baratixas de cobre aos países veciños que non tiñan minerais, facéndose moi rico o que posibilitou que xurdira unha civilización na zona. O seguinte rei, Arame, invirtiu a riqueza en I+ D e logrou que seus artesáns foran os mellores do lugar e así o deus Haldi os protexeu, ata que deixaron de traerlle leóns montados por virxes e os abandonou sendo Armenia conquistada polos Cimerios ás ordes de Conan.
AntigüidadeEditar
- Artigo principal: Reino de Armenia.
O rei Conan sacou de aquí tódalas riquezas e marchou, asi que os asirios conquistaron estas terras, logo serían barridos pola crise oriental do 666 A. de C. e conquistados polo Imperio Persa e logo pola Dinastía Oronda, que aproveitou que Alexandre Magno destruira aos persas. Este gran reino de Armenia vivía en paz conquistado partes do que hoxe son Turquía, Líbano e Siria ata que o Imperio Romano os invitou a participar na OTAN e así Armenia converteuse nun país tampón entre os romanos e os partos. Cando Armenia era adoradora do Zoroastrismo foi grande logo pasouse ao cristianismo e desde entón non levanta cabeza.
Durante a Idade Media esta zona nutriuse das varias guerras que houbo polo lugar, xa que o Imperio Romano (de Oriente) e varios califas querían esta zona, incluso os mongois andiveron aquí a ver si traían o seu invento de exito internacional, o iogur, co que Armenia aumentou seu PIB. E iso xunto coa invasión do Imperio Ruso (que trouxo a moda de tomar o té) aumentara a riqueza, sobre todo cando se puxeron aquí a exportar man de obra para as obras en Nova York durante a Primeira Guerra Mundial, época na que os turcos pensaban que os armenios ían matalos a todos coa axuda dos rusos e por iso os mataron eles aos amernios antes de que sucedera calquera outra cousa. Afortunadamente veu a URSS e os salvou dos turcos, o malo foi que Iosif Stalin, da veciña Xeorxia, comezounos a repartir por todo os Estados Unidos da Eurasia e contaxiouse da paranoia turca e matou a varios.
EconomíaEditar
- Artigo principal: Economía de Armenia.
Armenia vive dos cheques da diáspora armenia, asi como do producido polo grupo de rock System of a Down, grazas ao cal xa teñen internet na Armenia, antes tamén o tiñan pero despois da desintegración da URSS deixaron de telo. Durante o dominio do Imperio Otomano en Armenia vivían do turismo sexual, miles de europeos viñan practicar zoofilia a estas montañas e nos mosteiros cercanos eran absoltos de todo ese pecado tras pagar ben, xa que descoñecían que aquí non é pecado, se incluso mesmísimo Gregorio I o Iliminadoryan dicia que era mellor foder nunha cabra que na muller do veciño!
Contra finais do século XX o PIB armenio foise ao carallo, a Unión Soviética desuniuse e perderon o seu mercado ademias de subvencións e gas gratis, aínda enriba algúns bloqueiros ultras dunha provincia de Azerbaián quixeron irse co aterra para Armenia e creouse unha guerra en tódalas súas fronteiras, xa que os países veciños querían sacar tallada e claro, así moitos mais armenios marcharon do país, polo que o PIB estaba a mínimos, ata que deciridon deixarse de reclamacións históricas e quedarse coa terra que xa tiñan, desde entón viven felices gobernados polas irmáns Kardasian.